Imprimir esta página

O Concello de Arbo, organiza Actividades Gratuítas para Semana Santa

Jueves, 15 Marzo 2018 10:50
Valora este artículo
(0 votos)
por

Dentro do programa de actividades organizadas polo Concello de Arbo para os meses de marzo e abril, ten previsto un campamento en Semana Santa. Os días 26, 27 e 28 de marzo e 2 de abril ós rapaces e rapazas en idades comprendidas entre os 3 e 12 ano poderán participar nesta actividade gratuíta que será en horario de maña de 9.00h a 14.00h.

 

Por parte da alcaldía, informase que pretendese seguir na mesma liña dos campamentos que se organizan no verán e no Nadal para conciliación da vida familiar e laboral, ademais de ofrecer aos nenos e nenas que durante este período de Semana Santa escollen Arbo para pasar as vacacións escolares. As inscricións realizaranse na Casa do Concello. Para máis información no teléfono 986 66 50 00.

NOTICIAS RELACIONADAS...