viernes. 19.04.2024

Unhas catrocentas cincuenta persoas participaron onte domingo na XXIII edición do Encontro cos Nosos Maiores, unha celebración coa que o Concello homenaxea á poboación máis veterana da vila. A xornada trascurreu nun ambiente festivo e tivo como primeiro acto unha misa no Auditorio Municipal oficiada polo párroco de Setecoros, Paulino Sánchez Rodríguez, e á que asistiron, ademáis de numerosos veciños, o goberno municipal encabezado polo rexedor, José María Bello Maneiro, e tamén o ex alcalde de Valga Daniel Barreiro Ramos.

 

A Coral Polifónica Santa Comba, dirixida por Manuel López Castro, actuou durante o acto relixioso. A festa trasladouse a continuación ao pavillón municipal, onde se incorporaron a conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, e máis o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado. Os comensais degustaron un menú elaborado por personal municipal coa axuda dun grupo de veciños e que constou de empanada, salpicón, polbo á feira, carne de tenreira e de cordeiro.

 

De postre serviuse brazo de xitano. Xa na sobremesa, o alcalde entregou un agasallo ás persoas de maior idade que asistiron á festa e que foron Jesús Busto Guillán, veciño de Moldes (Cordeiro) e de 89 anos, e María Bouzas Senín, de Cerneira (Setecoros) e 102 anos. O vindeiro 8 de xullo cumprirá 103. Durante a tarde sorteáronse numerosos agasallos donados por casas comerciais da zona e a, a continuación, houbo baile amenizado polo dúo Caché.

Os veciños máis veteranos de Valga reuníronse no encontro cos nosos maiores