noticiasgalicia.com
Google
   

LA ENTREVISTA

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón
"Estamos comezando a abrir os centros fóra do horario escolar"
Pontevedra e Lugo participarán nun programa piloto para abrir novos comedores

 Un plan de convivencia escolar para o próximo curso, a gratuidade completa dos libros de texto para o ano académico 2007-2008 ou a plena incorporación da figura do acompañante no transporte escolar son algúns dos obxectivos da conselleira de Eduación e Ordenación Universiaria, Laura Sánchez Piñón, quen proxecta tamén continuar coa creación de novas prazas de profesorado e ampliar a rede de comedores en Pontevedra e Lugo.       


¿Cales van ser as prioridades para o próximo curso?       
As prioridades témolas moi definidas pola implantación da LOE, o marco legal que nos vai permitir afrontar moitos dos temas educativos do que chamamos a educación de calidade, como pode ser a educación en valores, en idiomas ou en novas tecnoloxías. Para iso, necesitamos máis profesorado, que este ano xa se concretou na oferta pública de emprego. Por primera vez nos seis últimos anos tivemos 125 novas prazas entre Primaria e Secundaria. O ano que vén pretendemos continuar incrementando o número de profesores, facendo un esforzo especial na educación de tres a seis anos, con profesores de apoio naqueles grupos que teñen 23, 24 ou 25 alumnos.       
Un dos últimos compromisos da consellería é facerse cargo do mantemento dos centros de ensino primario...
      
Asinamos coa Fegamp un acordo marco, constituímos unha mesa e quedamos para o 24 de abril para ter os primeiros datos, tanto por parte dos concellos como por parte da consellería. Despois porémonos a traballar. Calquera acordo ao que cheguemos nesta mesa paritaria é necesario refrendalo desde un punto de vista orzamentario. Polo tanto, estariamos a falar de que nos orzamentos do 2007 poidesen contemplarse partidas para estes compromisos. A Fegamp coñece perfectamente iso. O ano 2006 é para traballar nunha proposta e o sensato sería tela antes de que se negocien os orzamentos.       
O bipartido vai camiño dun ano de xestión, ¿que lle queda por cumprir do proxectado neste primeiro periodo da lexislatura?
       Eu penso que nos meses que se leva traballando, non xa desde o punto de vista da consellería senón do conxunto do Goberno, fixéronse moitas cousas. Primeiro, xa se cumplen moitos dos compromisos electorais, como o referente á gratuidade dos libros de texto, que é un programa que vai continuar o ano que vén. Por outro lado, acabamos de aprobar un incremento importantísimo da figura do acompañante escolar, que practicamente non existía. Tiñamos un 5 por cento cuberto e partindo de que Galicia conta co maior número de rutas de España, estamos a falar de un fenónemo moi importante. Agora, as rutas que levan acompañante amplíanse nun número moi elevado e continuaremos no mes de setembro na mesma liña. Otro dos compromisos, que tiñanos, que era abrir os centros fóra do horario escolar, estamos comenzándoo. De feito, a semana que vén asinamos con dous concellos e coa Consellería de Cultura un convenio que vai a permitir a apertura dun número importante de centros tanto en Lugo como en Pontevedra.       
Máis comedores       
¿Como está a situación nos dous casos?       
A cidade de Pontevedra, en concreto, tiña só un centro con comedor. A elección foi motivada pola case ausencia nos dous casos de comedores escolares nos centros públicos. Polo tanto, foron escollidos unha serie deles para teren comedor, actividades extraescolares e tamén actividades deportivas. E un exemplo de como o bipartito pode traballar perfectamente entre consellerías de dous partidos distintos, pero do mesmo Goberno. Traballamos e traballaremos sen mirarmos nunca a cor do partido.       
¿Ata onde vai chegar ese anuncio que fixo a súa consellería de ampliar a máis centros públicos o servicio de comedor?
       Agora mesmo, o que temos é un plan piloto que se vai asinar o día 30, no que participan dous concellos, Lugo e Pontedra, e a Consellería de Cultura e Deporte. Pensamos facer a apertura de comedor, complementada con actividades tanto educativas como deportivas. Vaise facer en oito centros de cada unha das referidas cidades e o programa vai a crearse o 31 de xullo, polo que vai haber posibilidade de que os nenos, unha vez rematadas as clases tamén teñan actividades. A idea é estendelo para o curso que vén a máis concellos de Galicia. Pero queremos deixar claro que para isto necesitamos a implicación tanto dos concellos como das Ampas. Tamén temos previsto dentro de dous ou tres meses sacar un decreto de comedores para facilitamos a súa ordenación nun proxecto que se desenvolverá en varios anos.       
Sete de cada dez nenos, segundo se acaba de coñecer, quedan sós cando baixan do autobús no seu centro escolar, ¿iso vaise corrixir coa implantación do acompañanente escolar que acaba de anunciar o seu departamento?        Nós, o que pretendemos é, efectivamente, que se corrixa esa situación. Os nenos, cando chegan ao colexo, nalgúns casos teñen que esperar 10 ou 15 minutos e noutros non, porque depende da hora. Pero o que se publicou sobre o tema falaba de 30 ou 40 minutos de espera, e estas son situacións excepcionais que, obviamente, hai que corrixir. Pero é certo é que esa non é a xeneralidade. Estamos falando coas delegacións, cos responsables de transporte en cada unha delas, que son os que teñen a información, e coas propias inspeccións para corrixir isto nos casos en que ocorra. Pero está caro que a figura do acompañante vai favorecer moitísimo todo o proceso, desde que os nenos saen da súa casa e chegan ao colexio. Non é só seguridade no transporte, senón ese tempo en que están acompañados. E moi importante no caso dos nenos pequeniños. Por exemplo, os tres a seis anos, nalgúns casos, non estaban utilizando o transporte por esta cuestión. Agora poderán facelo.       
O Partido Popular afirma que a medida do acompañante, con ser boa, vai ter tamén una repercusión negativa nas escolas rurais, que seguirán pechando...       
Non ten ningún tipo de relación, todo o contrario. Moitos nenos que non utilizaban o autobús poderán facelo. O peche das escolas rurais está motivado pola baixada de alumnos, pero non polo tema do transporte.       
¿Cando estará implantado este servizo na totalidade do transporte?       
No caso do acompañante, ao final do curso escolar 2007-2008 terían que estar todas as rutas cubertas. Nós, a programación que temos é que, en setembro, entre o 75 e o 80 por cento das liñas que requiran acompañante terano. Por tanto, aínda que non podemos facer a prospectiva, adiantarémonos claramente e teremos resolto este tema antes da data prevista. Compromisos e recursos       
¿E no caso da gratuidade dos libros?
       Neste caso non hai unha lei autonómica ou estatal que marque a data tope, pero existe un compromiso do Goberno bipartito de que o próximo curso teremos toda a gratuidade cuberta. Nós xa explicamos no Parlamento, e foi entendido perfectamente por todas as forzas políticas, que o marco legal, que é o da LOE, non aconsellaba que fixésemos agora ese desembolso, porque os materiais van ter que ser cambiados. Polo tanto, o que si facemos e ampliar un curso máis, co que quedarían dous nos que se introducirá a gratuidade no curso 2007-2008, xa coa nova lei e cos novos currículos, porque senón era por os libros para nada. A sociedade entende perfectamente que os compromisos hai que mantelos, pero tamén hai que optimizar os recursos.       
¿Como está a funcionar o sistema da gratuidade dos libros?       
Funciona moi ben. Ten implantación prácticamente en todos os centros que poden acollerse. E unha medida que foi moi ben acollida polos pais, polos profesores e polos directores. Agora mesmo está a funcionar sen problemas e incluso vamos axilizar ao máximo todo o tema do pago, para que os propios colexios teñan menos traballo. Estamos pensando unha fórmula que aínda ten que pasar as respetivas mesas e sacaremos unha orde para que o diñeiro sexa ingresado directamente nos centros. E unha vella reivindicación dos directores. Tamén continuamos co programa de gratuidade para o próximo curso en toda Primaria. Xa hai un curso de Secundaria, segundo da ESO, implantamos como novidade cuarto da ESO e facemos o curso que ven o recambio daqueles libros de quinto de primaria que estaban en galego para adaptármonos a nova norma ortográfica.       
¿Estanse a cumprir eses mínimos de utilización do galego nas aulas?       
Si, pero o que nós temos que facer e velar coa inspección educativa, que é a que ten responsabilidades sobre estes contidos, de que se cumpra o acordado. O Plan de Normalización foi aprobado polas tres forzas políticas con representación no Parlamento cando gobernaba o Partido Popular. Entón, na maior parte dos casos estanse a impartir estas materias en galego e, naqueles casos en que non sexa así, temos que ter os informes da inspección e intervir para que así sexa.       
Plan de convivencia       
Haberá xa un plan de convivencia nos centros para o próximo curso?       
Si, de feito, nós xa temos agora un borrador dunha orde, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, onde sacaremos as bases do que chamamos un Observatorio da Convivencia. O propio Ministerio de Educación tamén está facendo agora unha lexislación na que se contempla un observatorio de carácter nacional e conectado coas distintas comunidades autónomas. O noso borrador xa esta feito e o que pretendemos agora é esperar ao do ministerio. Pensamos que en dous meses teremos a orde que desenvolve o observatorio, mentres que unha comisión xa está a traballar no plan e convivencia. Dita comisión está conectando con todo tipo de colectivos e o resultado final desta proposta de plan integral levarase ao Consello Escolar de Galicia, ao Consello da Xunta e, en todo caso, presentararase tamén no propio Parlamento. ¿Como se vai enfocar o tema das clases de relixión en Galicia?       
En principio, o que di a LOE é que se vai ofertar a relixión pero, obviamente, non vai haber obriga de asistir a estas clases. As familias que decidan que os seus fillos queiran facelo terán esa opción. Isto supón volver, dalgún xeito, a situación anterior da LOGSE.        ¿Xa está fixada a data de celebración das oposicións ao corpo de mestres?      
Será a finais de xuño, pero a data exacta está aínda sen concretar. As oposicións sempre comezan cando rematan as clases.
¿A consellería modificará o actual sistema de financiamento das universidades galegas, con vixencia ata o 2010?       
Haberá que ver como evoluciona. Agora estamos na implantación dos novos estudos que forman o Espazo Europeo de Educación Superior e, unha vez que estes sexan implantados, teremos que ver cal é a evolución no novo sistema. O plan acadou por agora un consenso importante das tres universidades. Non parece oportuno modificalo, entre outras cousas porque as propias institucións académicas non o demandan. Todo plan necesita un tempo, sobretodo cando estamos comezando a incorporación dos novos grados e novos másters. Haberá que deixar un tempo para xustamente avaliar e ver se o plan de financiamento dá resposta a esta nova realidade. E nese marco, todo plan é revisable.       
¿Chegouse ao límite tras o anuncio de incrementar nun 50 a financiación de bolsas e e axudas universitarias?
       Non, non. A nosa idea é continuar nesa liña de apostar polas bolsas, polo incremento do número, pola contía... No primeiro ano fixéronse as dúas cousas, incrementouse o número de bolsas, reordenáronse outras e incrementouse a contía. Por exemplo, as do terceiro ciclo, que se chaman bolsas de doutoramento, no primeiro ano tiñan unha contía de 450 e pasaron a 600, e no segundo ano pasaron aos 700 euros, e foi, polo tanto, un incremento importantísimo. E despois, teñen a Seguridade Social que, obviamente, é algo que marca o estatuto do bolseiro que foi aprobado, pero que economicamente é un desembolso moi forte. A nosa liña é apostar claramente por que as bolsas teñan un 'salario', unha aportación digna, e o compromiso ao longo da lexislatura de incrementar o número de bolsas no ámbito universitario, as que dependen da Autonomía, porque hai outras que son do MEC. Incidir sobre a calidade non vai ser fácil...       
E moi importante ter claro que a calidade, primeiro, é algo que parte da avaliación, que é unha das cousas que na educación non universitaria non estaba tan instalada, e cada vez é máis importante poder avaliar os sistemas en política, porque é saber do que partimos e como evoluciona. Por tanto, agora mesmo temos unha axencia de avaliación da calidade do sistema universitario, e o que queremos é tamén implantala no non universitario. Hai xente que xa está traballando desde a consellería nestes temas, porque son os que nos poden axudar un pouco a tomar as decisións no futuro. E dicir, no momento no que temos claro como está funcionando o sistema, nós podemos dicir "temos que modificar neste punto", e "pór os esforzos orzamentarios neste" para modificar sentenzas como que o número de titulados que temos na ESO non é o número que ten a media europea, ou que estamos por debaixo ou moi por baixo, e temos que modificar, pór máis recursos, ao mellor pór máis centros...       
Un estudo recente falaba dunha boa inserción no mundo laboral dos universitarios galegos pero con salarios moi baixos...       
Efectivamente. O estudo tiña datos moi interesantes, como o feito de que os universitarios que acababan nos dous primeiros anos tiñan un índice de emprego moi elevado, nalgún caso chegaba ao 80 por cento, pero os salarios eran moi baixos. A inserción laboral en Galicia non é mala para un universitario, pero si o nivel de salario. Entón hai que incidir niso, pero tamén está relacionado co salario medio de Galicia, que tamén é menor que no resto. Son fenómenos que, obviamente, están correlacionados, pero é interesante incidir niso e mesmo mellorar a inserción laboral, e mellorar a valoración dos propios titulados por parte das empresas. Tanto desde axencias como desde as propias universidades é onde a Xunta ten que facer un esforzo para ter titulados coa mellor formación e que as empresas valoren mellor estes titulados.

VER OTRAS

©Galicia en PáXinas S.L. Todos los derechos reservados.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es.-Optimizada para 800 x 600 píxels.