|
Senén
Barro Ameneiro, reitor en funcións da Universidade de Santiago e
candidato a renovar o cargo
"Fixemos
un proxecto moi ambicioso e moi realista"
Tras catro anos á fronte da institución académica, Senén Barro
Ameneiro volve presentarse aos comicios cun programa no que asegura
que o Espacio Europeo de Educación Superior e o da Investigación,
así como a Universidade das persoas e a da sociedade son os retos
fundamentais.
¿Que lle quedou por facer na Universidade de Santiago no periodo
que agora remata?
Do que era realmente máis relevante penso que todas as cousas son
mellorables e sempre se pode facer un pouco máis. Pero, tendo en
conta que nos atopamos cunha situación económica moi difícil e non
prevista e que o programa de goberno foi o programa electoral máis
as circunstancias económicas que tivemos que resolver, pois eu estou
moi satisfeito do traballo que se fixo.
¿O plan de saneamento económico da universidade está a saír segundo
o previsto?
Si, é un plan de equilibrio económico financiero que por lei hai
que facer e que ten como obxectivo acabar neste ano 2006 cunhos
orzamentos equilibrados en ingresos e gastos. E así vai a ser. Por
certo, serán os primeiros equilibados en bastantes anos, despois
dun proceso moi significativo de reconducción da situación económica.
Conseguímolo tamén con sacrificios, recortando o gasto e con limitacións.
Pero, no relevante, logrouse o que era realmente significativo,
como, por exemplo, a estabilización da plantilla de profesorado.
¿Cales son as grandes cifras que avalan ese boa evolución?
Cando elaboramos o orzamento do 2003, fíxose cun recurso ao endebedamento
de 9,5 millóns de euros. E dicir, tivemos que facer uns orzamentos
que para poder ter o nivel de compromiso de gasto para manter a
universidade operativa, ademais dos ingresos cos que iamos contar,
tivemos que asumir dito endebedamento. A partir de aí, elaboramos
o plan de equilibro económico e financiero, que contemplou a autorización
a un endebedamento de 13,56 millóns de euros no 2004 de forma directa.
No 2004, se non tiveramos a autorización dentro dun plan aprobado
polo ministerio e co acordo da Xunta, esta universidade debía recortar
nese ano os seus gastos en 13,56 millóns de euros. Esa é unha cantidade
inmensa que suporía un recorte traumático para a institución. No
ano 2005, esa cantidade redúcese a 6,6 millóns, co que xa somos
capaces de facer uns orzamentos incluso algo expansivos no nivel
de gasto. E no 2006, como estaba previsto, xa se cerra.
En tres anos resolveuse a situación...
Do 2004 ao 2006, facendo unha evolución expansiva e necesaria no
nivel de gasto fomos capaces de enxugar esa diferencia de 2.400
millóns de pesetas
¿En que medida se resentiu a marcha da universidade?
Falamos non de que non evolucionaran os ingresos ao ritmo adecuado,
senón dunha situación cada vez máis acusada de desequilibrio entre
ingresos e gastos a que lle demos a volta. Eso nótase en todo. Como
digo, houbo recortes significativos en algunas parcelas ou non houbo
a inversión que era necesaria para acometer certas iniciativas.
A través dos novos recursos suplementarios que negociamos coa Adminitración
autonómica, no máis relevante, como o proceso de estabilización
e incluso de promoción plantilla, que era un lema do noso programa
electoral, pasamos moitos apuros pero saímos adiante. Pero, ademais,
nestes catro anos, máis de 35 millóns de euros foron captados con
recursos externos. Eso permitiu una expansión significativa.
Financiación
¿Será necesario modificar o novo plan de financiamento do Sistema
Universitario Galego?
Non penso que sexa necesario facer un plan novo. Ata o ano 2010
temos un plan negociado que na súa armazón muda completamente o
plan anterior. No último contémplase partidas de axudas á investigación,
partidas de contrato programa para apostar pola calidade..., en
definitiva, non necesita reforma antes do 2010. O que si precisa
é un compromiso de cantidades maiores nalgún deses ámbitos. Por
exemplo, no apartado de I+D o no que ten que ver co Espacio Europeo
de Educación Superior. Precisamente, na redacción do novo plan,
no seu limiar, hai un parágrafo que fai incidencia na necesidade
de avaliar as posibles necesidades dunha maior inversión nese terreo.
Esas necesidades terán que ser atendidas pero teñen acubillo perfectamente
dentro do plan.
¿Nesa carreira cara a adaptación ao Espacio Europeo de Educación
Superior, en que situación se atopa a Universidade de Santiago?
Creo que todas as universidades, no seu conxunto, están rezagadas,
porque, entre outras cousas, para avanzar nese proceso de forma
decidida necesitamos que previamente as Administracións vaian poñendo
o marco onde esa integración se poida dar. E aí hai unha demora
moi grande desde o punto de vista normativo e de análise da necesaria
inversión económica suplementaria. Pero a Universidade de Santigo
non estuvo cos brazos cruzados estos anos. Apoios
Presentase as elección cun respaldo que inclúe sectores integrados
que nas pasadas eleccións defendían posicións diferentes, ¿que supón
eso para vostede?
Sobre todo supón o éxito dun obxectivo longamente buscado. Nos dous
últimos anos déronse pasos por todas as partes, pero está claro
que me correspondía a min iniciar o proceso de achegamento co que
era o grupo de Universidade Aberta, co que sempre se estuvo confrontando
durante as dúas últimas décadas. O diálogo, clave no meu programa
electoral, permitiu levar ao éxito este obxectivo. E o éxito é concurrir
a estas eleccións con unha candidatura, que teño a honra de encabezar,
que conta apoio das tres plataformas universitarias.
Programa
¿Cómo será o programa?
Nós fixemos un programa moi detallado, moi ambicioso pero ao mesmo
tempo moi realista. E así creo que o vai ver a comunicade universitaria,
ou polo menos aqueles que pensaron que esta unión de plataformas
en torno a unha única candidatura dificilmente podería callar nun
programa electoral visto como un documento de compromiso de equipo
e non como agregación de aportación de compartimentos estancos.
O noso será un programa madurado en todos os seus detalles, con
moitos compromisos en todas a parcelas.
¿Cales serán as liñas básicas?
Europa é o gran reto, pero non só no ámbito docente, senón tamén
no investigador. Por tanto, estamos a falar do Espacio Europeo de
Educación Superior e tamén do Espacio Europeo de Investigación.
Como universidade investigadora que somos, queremos ser un referente
dentro das universidades investigadoras. Hai outro bloque que é
a Universidade das persoas, enormemente importante. Hai numerosas
accións nese campo e moitas teñen que ver coa calidade de vida nos
campus, e coa conciliación da vida persoal e familiar coa laboral,
coa vixiancia da saúda e, en definitiva, con que as persoas poidan
desenvolver do xeito máis doado posible a súa actividade. O cuarto
gran eixo, polo que veño apostando de forma clara, e a Universidade
na sociedade, como intrumento esencial no seu desenvolvemento.Todo
o que é importante e lle preocupa á sociedade ten que ser importante
e unha preocupación para a universidade.
|