|
Henrique
Alvarellos, editor
"Agora
Fraga está máis tranquilo"
Herdou do seu pai as guedellas e a defensa da cultura galega,
pero tamén a editorial que leva o apelido familiar. Con 37 anos,
Henrique Alvarellos -¡ollo, con hache!- conseguiu convencer a Fraga
para edita-lo último volume das súas memorias. E todo empezou cunha
carta
Chámase Henrique e escribe o seu nome con hache. ¿Cáusalle moitos
problemas poñer esta letra diante?
Non, ningún. A algún hai que explicarlle a etimoloxía do nome, que
vén do xermano. Henrique significa casa rica, rich home. Coa hache,
sería a forma máis purista e máis achegada á súa orixe etimolóxica.
En castelán, perdeu o hache porque esta letra convertiuse en muda
a partir do século XVI.
¿E fai vostede honor ó seu nome, é dicir, procede de casa rica
tamén?
Se se entende por rico que un é optimista ante a vida, si.
Unha das primeiras cousas que se ve ó entrar na súa páxina web
é un selo no que afirma o compromiso de loitar pola cultura galega
desde 1977. ¿Foi esta a herdanza máis importante que lle deixou
seu pai?
Si, esa foi a mensaxe de meu pai e a editorial está sacando libros
de historia, cultura ou gastronomía galegas.
Outra cousa que tamén herdou do seu pai foron as melenas. ¿Fixo
votos algunha vez por corta-lo pelo?
Téñoo longo desde que deixaron de mandarme cortalo. Prefiro telo
así, ó meu aire, mentras que non colla un volume excesivo pero,
polo de agora, non teño nos meus plans raparme. Moitas xeracións
de lucenses aprenderon a escribir a máquina con seu pai. ¿Cando
lle puxo a primeira máquina de escribir entre as mans?
Miña irmá era máis aplicada ca min e ós cinco ou seis anos xa sabía
escribir a máqui na. Tanto eu como ela pasaba mos tódalas tardes
na academia, en contacto coa mecanografía e coa cultura.
Vén de marcarlle un gol a outras editoras máis grandes coa publicación
da autobiografía de Fraga. ¿Que tivo que facer para convencer ó
ex presidente de quedarse con vostede?
O pasado mes de outubro escribínlle unha carta na que poñía a editorial
á súa disposición para publica-la súa auto biografía. Os catro meses
chamoume e aí está o libro.
¿Foi un contrato blindado contra a competencia?
Non, porque son as súas memorias e non vai escribir outras. Este
é o terceiro e último tomo. Xa ten óutros dous tomos publicados.
Se escribe tan rápido como fala, sería bastante difícil entendelo...
Agora Fraga está máis tranquilo e mesmo lle adica as memorias á
súa familia por "so portar" a súa biografía, di el. Agora fala e
anda máis pausado. Serán os anos...
¿Ten calculado xa os libros sobre Fraga que se comprarán só por
compromiso?
Sacamos unha edición de 5.000 exemplares nun mes que levamos de
venda. Máis que por compromiso haberá xente que o compre por ser
un testamento vital dos últimos dezaseis anos en Galicia. Porque
o que é certo é que ninguén o comprará para ensinarllo a el, ¡anque
só lean dez das 400 páxinas que ten o libro en total!
Test
-Unha biografía: A miña.
-¿Xa pensa escribila? Teño 37 anos, pero aínda teño gañas de facer
moitas cousas.
-Un personaxe: Xesucristo. ¿E moi católico? Son espiritual,
creo nunha vida futura. Polo demais, son hete rodoxo desde o punto
de vista relixioso.
-Un sabor: O da cervexa fría.
-¿'Estrella Galicia'?: Por suposto, se fora andaluz pediría
unha Cruzcampo.
-Un son: Pop, desde Sinatra ata Presley.
-Unha sensación: Correr. De novo fun atleta e agora corro
tres días á semana. En Santiago, vou ó monte Pedroso e en Lugo,
ó Segade ou ó parque do Miño.
-Unha tarefa doméstica: Rega-las plantas.
-Unha hora do día: As oito menos cuarto da mañá, cando esperta
o meu fillo.
-Un mal trago: Atoparse con xente desagradable.
-¿Existe? Si, hai moita no mundo profesional.
|