|
Xabier
Campos Villar, profesor e autor de "Lugrís Freire. Unha biografía"
e de "Antoloxía"
"Lugrís
é o primeiro gran normalizador da lingua galega"
Manuel Lugrís foi no seu tempo o que hoxe podería ser un animador
cultural de primeira orde. Comprometido como estaba co país e coa
lingua, ao longo da súa vida foi pioneiro en campos diversos. No
xornalismo, por promover a primeira publicación monolingue en galego,
no teatro, por atribuírselle a autoría do primeiro drama longo galego
en prosa, e tamén por adiantarse coa primera gramática escrita para
un idioma que practicaba unha poboación maioritariamente analfabeta.
Daquela non se inventara o termo, pero Lugrís é para o profesor
Xabier Campos Villar o primeiro "gran normalizador" dunha lingua
que falaban nove de cada dez galegos.
Graduouse vostede cunha tesiña sobre Lugrís Freire a partir da
que logo escribiría dous libros, ¿cal é principal conclusión de
todo este traballo? Pois que Lugrís estaba sendo minusvalorado.
A súa producción narrativa era bastante máis importante do que recollera
a crítica do momento.
De feito, non saíron moitas publicacións sobre a figura do homenaxeado
nestas datas... R.- Ademais do publicado por Galaxia e Edicións
Bahía, nestes últimos días están aparecendo algunhas cousas, por
exemplo, en Xerais ou A Nosa Terra. Ata agora traballárase moi pouco
sobre el. Había un libro bastante completo sobre o seu teatro, que
fixera Francisco Pillado, no ano 1991, e estaba tamén o meu estudo
de narrativa. Pode que se tardara algo en reaccionar. Cuba
Lugrís Freire, con 20 anos, colleu o camiño da emigración porque
as necesidades familiares apretaban...
Lugrís, como tantos mozos do seu tempo e da súa idade ten que coller
o camiño da emigración, favorecido neste caso porque o seu irmán
máis vello estaba xa na Habana.
¿Que espectativas despertaba a Cuba daquel tempo no que vostede
di no seu libro que había 125.000 españois nunha poboación arredor
1,6 millóns de habitantes?
Pois tiñan que ser moi boas, o mesmo que foi despois o Bos Aires
dos anos vinte e trinta, porque saían daquí, das corredoiras e dun
mundo nidiamente rural controlado polo caciquismo e chegaban alá
e abríaselles un novo mundo tanto laboral como cultural ou organizativamente.
Cando chegou, en plena abolición da escravitude, sorprenden datos
como a existencia de 234 prostíbulos na illa?
En boa medida eran antiguas escravas. A transición entre a escravitude
e a liberdade non foi moi doada. Para o que antes foron moitas escravas,
con independencia total e absoluta tamen desde o punto de vista
sexual dun amo, moita desta xente evolucionou cara a prostitución,
tendo en conta que había una poboación española residente maioritariamente
masculina. Ou ben eran emigrantes, que ían sen as súas familias,
ou ben soldados, que tamén había unha colonia deles moi importante
alí.
E significativo tamén que a comunidade galega tivese na capital
cubana nada menos que tres órganos de expresión, tres periódicos,
cos que mantivo unha intensa colaboración.
O primeiro que lle deu unha oportunidade foi El Eco de Galicia,
que estaba dirixido por Alvarez Insua e que controlaba bastante
o mundo da intelectualidade galega na emigración. Axuda a fundar
ademais A Gaita Gallega, que foi o seu primeiro proxecto, dirixido
por el. El colabora logo en Galicia Moderna, que ten nunha liña
máis progresista e diferente de El Eco de Galicia. Normalización
En materia literaria foi dos primeiros en publicar unha novela en
galego e pioneiro no xornalismo, por promover a primeira publicación
monolingue en galego...
Era un home que arriscaba, votado para adiante e comprometido coa
lingua e co país. Aínda que daquela non existía o termo, pódese
dicir que foi o primeiro grande normalizador da lingua galega non
só por eses exemplos, xa que foi tamén o primeiro autor dun drama
longo en prosa na nosa lingua, 'A Ponte', que publicou en 1903.
Foi autor da primeira gramática escrita en lingua galega, o primeiro
orador político en galego e tamén o primeiro que traducíu un subtítulo
dunha película que pasa por ser para os xornalistas da nosa terra
daquel tempo a primeira película galega.
Esa película, por certo, desapareceu...
Non se sabe dela, non sei si ao mellor os expertos en cine poden
ter algunha noticia...
A primera gramática
A súa Gramática do Idioma Galego foi gabada pero tamén criticada...
Por estudos e por formación, Lugrís non é un gramático. Fai a gramatica
dun xeito vocacional, e apoiándose noutras que había publicadas
en castelán. El reivindicaba sempre que era necesario que houbera
unhas normas, acatadas por todos ou por unha inmensa maioría para
rematar coa anarquía que estaba a haber, e conseguiuno, claro.
Algo escribiu tamén en castelán...
Houbo certos autores que citaron que no 1880, máis ou menos, publica
'Nociones generales de mitología'. Eu non tiven acceso a esa obra
e dubido moito que fose obra orixinal del, e dicir, que con menos
de 20 anos e cunha formación primaria básica poidera publicar iso.
Hai, sen embargo, algún poemiña solto, pero o compromiso coa lingua
galega era claro e evidente.
El reivindica o teatro como como unha das mellores fórmulas para
sacar ao idioma na situación na que se encontra.
Tanto os rexionalistas antes como máis adiante os nacionalistas
no tempo das Irmandades da Fala van ver que teñen diante de si un
país maioritariamente analfabeto. Por moitos libros que escribisen
non ían chegar aos seus destinatarios, mentres que o teatro, que
se observaba directamente e que se podría tirar directamente exemplo
del, pensaban que era o medio máis eficaz para transmitir unha ideoloxía.
Daquela, o uso do galego era moi elevado...
Máis do 90 por cento eran galegofalantes e monolingües. O descoñecemento
do castelán era bastante grande.
En Cuba non chegou a facer fortuna, pero intelectualmente non
lle foi mal... Intelectualmente foille ben porque puxo
as bases para o que sería logo Lugrís ao chegar. Era un traballador
incansable e, lóxicamente, vivía do seu trabajo e non la literatura
e do xornalismo. Volve no 1896, e dicir, 13 anos despois de marchar.
Faino pola situación política, que xa era de preguerra total, e
casado cunha muller cubana.
En 1898 morre a súa muller e en 1902 casa de novo...
Ese amor romántico e pasional que trae de Cuba ten un final temperán
e tráxico e iso coloca a Lugrís casi ao borde do suicidio. O feito,
literariamente ten a súa repercusión, xa que o primeiro poemario
que publica á volta, 'Noitebras', é tremendamente pesimista e desacougante.
Como político, ¿cales foron as súas responsabilidades?
Os cargos máis importantes ocupounos como político no denominado
tempo da Restauración. Era moi difícil penetrar nun sistema que
se denominaba o 'turno pacífico', entre conservadores e liberais.
As outras forzas non tiñan opción. Pero el foi fundador e unha das
cabezas visibles da Liga Gallega e de Solidaridade Gallega, no tempo
do agrarismo, e xa na Segunda República, no tempo do nacionalismo,
ten un papel moi relevante, traballando man a man na redacción do
Estatuto de Autonomía con Bóveda. Por certo, el, que foi xeneroso
durante toda a súa vida, cedeu o seu posto, que era de saída, a
Suárez Picallo, que acabaría sendo deputado nacionalista en Madrid.
Lugrís é unha figura certamente relevante, que estivo nun segundo
plano as veces pola súa xenerosiadade.
O paso pola Real Academia
¿Cómo foi o seu papel á fronte da Real Academia Galega?
E un papel difícil. A Academia, inicialmente, foi vista con moi
bos ollos. Traballábase moito con remesas de diñeiro dos emigrantes
para facilitar o traballo da institución. Pero a mediados dos anos
trinta, cando Lugrís Freire chegou á presidencia, xa andaba bastante
mal de fondos e as remesas de diñeiro americano non chegaban. Entón,
pouco se podía facer, así que aproveitou a súa presidencia para
honrar a dous dos seus grandes mestres, a Curros, coa inauguración
do monumento que hai na Coruña, e a Pondal coa edición, patrocinada
pola Real Academia, de poesías inéditas del.
Chega a República e ve cumprido un dos seus grandes sonos, ainda
que non lle queda moito tempo. ¿Que fai por entón?
Segue a colaborar na prensa, aínda que dun xeito máis esporádico.
E neste tempo cando preside a Real Academia Galega. Ten tamén bastante
activismo político. Participa nas campañas do Partido Galeguista,
redacta o anteproxecto de Estatuto con Bóveda e colabora na campaña
de publicitación do Estatuto definitivo. E curioso que cando foi
a votar o plebiscito do Estatuto, acompañado de xente das Mocidades
Galeguistas, e cando introduciu a papeleta na urna, dixo que xa
podía morrer tranquilo porque xa fixeira o seu traballo.
El morre en 1940, e como no caso doutros escritores galegos,
pasa totalmente desapercibido. ¿Cando empeza a recuperarse a súa
figura?
Os primeiros artigos dos que teño noticia son en 1963, no centenario
do seu nacemento. O publicado en Galicia era totalmente 'light',
mentres que outro, recollido nun xornal de Bos Aires, firmado por
Suárez Picallo, en agrecemento polo que fixera por el, era trementamente
contundente dende o punto de vista político, deixando as cousas
muy claras. En 1970 e 1973 saen as primeiras antoloxías da súa narrativa.
Logo, en 1990, cando se cumplían os 50 anos da súa morte, a asociación
cultural O Facho, dedícalle unhas xornadas e iso provoca que aparezan
catro, cinco ou seis artigos na revista Agália recuperando a súa
figura. Eses foron os intentos que se fixeron ata hoxe.
¿Ideolóxicamente, como se pode catalogar a Lugrís?
Se partimos do tempo de Lugrís, hai que dicir que pasa polo rexionalismo,
polo agrarismo e máis tarde polo nacionalismo. Hoxe sería nidiamente
nacionalista. E un republicano convencido, marcouno moito una experiencia
que tivo na escola, no tempo da Primeira República, e despois colleu
cos brazos abertos a chegada da Segunda. é republicano convencido,
ata o punto de que un día antes de que se proclamase colocou a bandeira
tricolor no concello da Coruña, el e máis un amigo. E tamén era
masón.
|