noticiasgalicia.com
Google
   

LA ENTREVISTA

Senén Barro Ameneiro, reitor da Universidade de Santiago
"Galicia precisa do impulso da investigación máis que outras rexións"


As universidades galegas deben incorporarse ao Espacio Europeo de Educación Superior en condicións de competitividade desde o punto de vista dos recursos humanos e das infraestructuras. Este será un dos obxectivos fundamentais no reitor da Universidade de Santiago, que ve no impulso da investigación un dos factores definitivos para facer no transcurso de dous ou tres lustros unha sociedade galega moi distinta da actual     
 
Hoxe aproveitou para pedirlle cousas ao presidente da Xunta na toma de posesión...       
Dixen que non quería centrar o discurso nunha mera reivindicación, pero si é verdade que dediquei unha parte do discurso a reflexionar sobre a financiación e sobre a necesidade de avaliar neste momento o plan de financiación vixente que, aínda que abrangue ata 2010, incluso na súa redacción, ten cláusulas ou parágrafos que falan da necesidade, por exemplo, de avaliar o que vai a supoñer como custo adicional a entrada no Espacio Europeo de Educación Superior. Polo tanto, houbo unha especie de agradecemento e de solicitude. Agradecemento porque xa o propio presidente da Xunta trasladou a vontade do Goberno galego de avaliar a aplicación do plan. Pero tamén houbo unha reivindicación detrás, que é necesidade de que a incorporación a dito espacio das universidades galegas se produza en condicións de dignidade e de competitividade desde o punto de vista dos recursos humanos e das infraestructuras.        ¿Que espera do Programa de Consolidación e Estructuración de Unidades de Investigación anunciado hoxe por Pérez Touriño?       
Ben, tamén falou da necesidade de impulsar os centros e institutos de investigación e conformar unha estructura de investigación cada vez máis potente e asentada dentro do ámbito galego. Particularmente, fixo referencia a que eso, hoxe, na realidade galega, está sustentado fundamentalmente polas universidades. Eu creo que esto é clave, porque se non hai ese compromiso das institucións académicas e de aposta económica e de infraestructuras por parte Xunta, non vamos ter un tecido suficientemente asentado no ámbito da I+D+i. Eu diría que Galicia necesita ese impulso máis que outras rexións que xa están asentadas ou desenvolvidas.       
Compromisos urxentes
      
Fala vostede de máis de 300 compromisos programáticos para desenvolver nos catro anos de mandato, ¿cales son os máis urxentes?
      
Temos moitos, por exemplo os que van a supoñer un impulso, espero que definitivo, para que a Facultade de Veterinaria e a súa titulación supere no 2008 esa avaliación a que nos vai someter o conxunto de centros de veterinarios de Europa. Falamos da necesidade de poñer en marcha a Oficina de Igualde de Xénero ou de de impulsar sin descanso o campus de Ciencias da Saúde. Falamos, en definitiva, de non desatender os compromisos, de que hai aspectos que se van a encetar nestes catro años, e para eso hai que poñer as primeiras pedras, digamos, conceptuais, e facer aposta firme por eles.       
Touriño aludiu tamén no seu discurso ao aopio á investigación, ¿virá por aí o revulsivo que precisa a universidade?       
Efectivamente, aí creo que temos a principal aposta. En realidade son dúas. Unha é o Espacio Europeo de Educación Superior, que se queremos facelo ben non pode quedar nun mero proceso de redenominación ou de reforma da oferta de títulos. E despois está a investigación. Galicia ten neste momento un tecido de investigadores xa relativamente importante, que nalgúns ámbitos ten o marchamo de excelente incluso con carácter internacional. Noutros casos, a achega á significación desa investigación e máis modesta ou está aínda encetándose. Pero creo que estamos nese momento de eclosión onde, se hai unha aposta firme por incorporar investigadores xoves, por ter máis e mellores infraestructuras ou centros e institutos de investigación potentes que se vaian convertido en referentes nacionais e internacionais, creo que en dez ou quince anos, a sociedade galega, a través da achega de investigación, vai ser moi distinta.

VER OTRAS

©Galicia en PáXinas S.L. Todos los derechos reservados.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es.-Optimizada para 800 x 600 píxels.