noticiasgalicia.com
Google
   

LA ENTREVISTA

Santiso, presentador da TVG:
"Cando xogas na casa contas co apoio dos teus"


Di que ten menos pelo, que a xente ten pouca memoria, pero o caso é que por este home non pasan os anos. Vímolo inaugurando a TVG e volvémolo ver agora case coas mesmas engurras. Pelexar polo que el pelexa -a franxa horaria dos culebróns- non é traballo fácil. Pero aí está Mon para remedialo     
 Foi un dos primeiros presentadores da TVG e, agora, voltou ás súas orixes. E vostede dos que din que "como o da casa non hai nada"?       
¡Home! Cando xogas na casa sempre contas co apoio dos teus e eso é determinante.       
Cambiaron moito as cousas na TVG desde aquela primeira época?
Hai moitos programas novos. E outro tipo de factura diferente. Na etapa anterior, había máis series e os presentadores tiñamos menos opcións.       
Na TVG, chegou vostede a presentar moitas galas de verán. Teme a que o encadren neste tipo de traballo?    
    Non me considero encadrado. Apostei sempre pola diversificación, por facer traballos que rachan co anterior.       
Considérase un dos presentadores galegos "exportables" á televisión estatal?       
Eso teríallo que preguntar ás persoas que dirixen as distintas cadeas, anque calquera pode traballar en calquera sitio.       
Pero haberá que ter un nome, non si?
      
O nome faise co traballo. Cando fun a Madrid, ninguén me coñecía a nivel nacional pero a xente viu que podía facelo tan ben como os demais. Cheguei un venres a Antena 3 e o domingo coñecín a Ana Rosa Quintana, xusto antes de comeza-lo programa. Tiven un mínimo contacto e, xa en antena, púxenme á beira dela e sentín unha tranquilidade que facía que, para min, aquelo fora fácil. Eso era porque estaba cunha persoa que pisaba firme.       
Ou sexa, que había 'feeling'.       
Supoño, sempre nos levamos estupendamente.       
Agora presenta un magacín vespertino. Logrou restarlle audiencia a Boris Izaguirre, na Catro, ou ós culebróns das outras canles?       
O máximo rival non é 'Channel número 4'. Son 'Aquí hay tomate' ou as telenovelas. Non pretendemos roubarlle audiencia a ninguén, imos paseniñamente, pero si, hai moito que traballar. E unha franxa horaria moi dura na que o produto está moi consolidado.       
Que lle diría a unha seguidora dun culebrón para que fixera 'zapping' e vise o seu programa?

¡Si que mo pos difícil! Pois diríalle que saiba que existe un magacín nesa franxa horaria e se lle interesa a alguén, que quede.       
Leva xa vinte anos na pequena pantalla e vémolo igual ca sempre. Ten algún truco para manterse tan ben, malia ó paso do tempo?
      
¡Tes pouca memoria, nena! Hai vinte anos era moito máis novo, tiña máis pelo. Pero, bueno, non me queixo. Será a miña constitución física. Meu pai, con 70 anos, é delgado, alto e moreno. Tamén coido a alimentación e contrólome cando me apetece un doce ou outra larpeirada.       
¿Ten vostede complexo de guapo televisivo?
      
Son unha persoa normal... Eso si, mírome ó espello e digo: "Vale".       
Test
      
Unha televisión: A miña.
      
A que se refire con eso, á TVG ou a unha súa, propia?: A resposta terala en breve.       
Un presentador/a: Presentadora, Ana Rosa Quintana. E presentador, Carlos Sobera.       
Unha gala: Nunha noite de verán cun exterior con público e perto do mar.       
O tacto de: ¡Ah! Despois de mirar algo, o tacto é importante.       
Unha sensación: Estar tirado na praia.       
E dos que pasan horas e horas tomando o sol?: Non é tanto pola idea de colle-lo sol, senón por lembranzas miñas de neno, cando viviamos ó lado da praia de San Amaro, na Coruña.       
O peor castigo: Deixarme sen vacacións.       
Está, logo, castigado?: Estou, non debín de facer ben as cousas.       
Un bo costume: Almorzar ben. Tomo froita, café e pan con aceite. ¡Non podería saír da casa sen facelo!

VER OTRAS

©Galicia en PáXinas S.L. Todos los derechos reservados.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es.-Optimizada para 800 x 600 píxels.