|
Xosé Manuel González, voceiro do sector do viño do SLG
"Galicia
ten que potenciar a comercialización de viños baixo denominacións
de orixe para fortalecer o sector"
"As campañas informativas
teñen que ser máis agresivas e hai que facer chegar o produto ao
consumidor"
A uns meses da colleita deste ano, o sector vitivinícola galego
ten que facer fronte a novas dificultades que veñen a sumarse a
problemáticas de vello, como é o caso dos excedentes que hai en
moitas adegas ou os baixos prezos que perciben os produtores. A
novidade estes días, aparte das propostas da Comisión Europea para
a reforma da OCM deste sector, é o 'black rot', un fungo que nesta
campaña xa afectou a distintas áreas do Ribeiro, Valdeorras, Monterrei
e Ribeira Sacra. O responsable do sector do viño do Sindicato Labrego
Galego, Xosé Manuel González Vilas, asegura que a solución para
o sector en Galicia pasa por prantar máis e apostar pola calidade.
¿Cales son as perspectivas de cara a vindeira colleita?
A menos de tres meses da próxima vendima atopámonos cunha situación
algo complexa. Hai que ter en conta que levamos case cinco anos
nos que as producións foron boas. A esto hai que engadir maiores
presións da transformación e distribución do viño, sobre todo, pola
elevada presenza de viños de mesa e marcas brancas nas grandes superficies.
Este ano, se temos unha colleita boa podemos ter algún problema
de excedentes pero hai que ir sempre en positivo, porque o 80 por
cento dos viños elaborado nas Denominacións de Orixe (D.O.) galegas
consúmese en Galicia e ese é un punto forte. Témonos que seguir
convencendo de que os nosos viños e a nosa diversidade é algo bo
que hai que seguir mantendo.
¿De cantos excedentes poderíamos estar falando agora mesmo?
Os excedentes de viño das D.O. non son tan altos como se pensa e
hai que darse conta de que en Galicia non son grandes cantidades
en comparación con outras rexións. Existen outras cuestións
que repercuten tan negativamente como os excedentes, sobre todo
a proliferación de viños de mesa ou a actitude da hostelería, que
ofrece aos clientes viños de mesa aos que lle quita máis beneficio
ou cobra os caldos de calidade a prezos desorbitados. ¿Sería
posible e desexable aumentar a porcentaxe de viño galego comercializado
baixo o amparo dalgunha D.O.?
Si, é posible e hai que facelo. Hai que reforzar máis o tema da
indicación xeográfica porque a comercialización baixo denominación
de orixe é o que nos pode fortalecer e a única posibilidade para
facer sobrevivir zonas como a Ribeira Sacra. Campañas informativas
¿Outro dos grandes problemas do sector vitivinícola galego pode
ser o descoñecemento dos viños? Si, hai que facer viños de
calidade e promocionalos máis, sobre todo a nivel de Galicia. De
feito, hai algunha D.O., sobre todo Valdeorras e Monterrei, que
non chegan aos consumidores.
¿Como se mellorar esto?
As típicas campañas informativas teñen que ser máis agresivas do
que foron ata o de agora, pero tamén hai que facer chegar o produto
ao consumidor a través de cauces alternativos, porque só con probar
moitos dos nosos caldos mudará a súa percepción.
O novo Goberno da Xunta puxo en marcha a Mesa do Viño, ¿que lectura
lle merecen os pasos dados neste foro?
Acordos como o que está próximo na D.O. Rías Baixas poden axudar
a solucionar problemáticas do sector e, sen dúbida, dan certa tranquilidade
e incluso é unha mensaxe positiva.
¿E as propostas para a reforma da OCM do viño?
Ten aspectos contraditorios como o arranque, xa que tamén prantexa
a liberalización dos mercados. Ademais, Galicia o que precisa son
cartos para prantar e para consolidar novas producións coa incorporación
de xente moza á actividade.
|