noticiasgalicia.com
Google
   

LA ENTREVISTA

Paula Carballeira, narradora:
"No verán prefiro estar con menos xente e difrutar máis de mín e dos meus"


Paula Carballeira (Fene, 1972) comeza estes días as súas vacacións, despois duns meses en constante metamorfose, pasando de ser a meiga de 'A cova de Babaiagá' para os nenos, á Lola de 'Pepe o inglés' da TVG. Así e todo, este ano aínda publicou dous libros, 'Smara' e 'Contatrás', que presenta en Santiago o vindeiro luns      

¿Estas vacacións son merecidas?       
¡Moito! Todo o mundo dirá o mesmo... Eu levo un ano sen vacacións. Haberá xente que leve máis, pero para mín un ano xa é demasiado. E despois de traballar este ano bastante, non é moito, son só 15 días de vacacións.       
E un traballo complicado para tomarse unhas vacacións, ¿non?  Claro, ó non ser un traballo fixo, queres aproveitar. E cadrou que saía dunha cousa e xa me metía noutra, e ata agora.       
Se o teu traballo xa resulta divertido, ¿que é o que fas durante as vacacións?   
    
Divertirme, pero doutra maneira. O que máis me divirte é estar sen facer nada un tempo, nas vacacións, viaxar, estar cos amigos,... cousas que durante o resto do ano é complicado porque sempre estás liada. Aínda que un traballo como o meu permite estar con moita xente, no verán prefiro estar con menos xente, disfrutar un pouco máis de mín e dos meus.        P.-¿Onde pensas pasar as vacacións?       
Penso marchar a Lisboa. Como non contaba con ter vacacións, ó ter estes quince días, pois buscaba algo cerca. E á parte, Lisboa é moi bonita.       
¿Esperas conseguir inspiración para próximos relatos alí?
      
Xa estiven moitas veces alí, e é un sitio que me gusta moito, pero non vou coa intención de poñerme a traballar, se cadra de coller algunhas notas... ó mellor xurde, en Lisboa todo é posible.       
Como boa filóloga, levarás algún libro na maleta...
      
Si, pero lixeiriños... ando agora cun libro de poemas e cancións de Brecht, e cando acabe empezarei cun de Saki, que é un autor de contos moi divertido.       
Supoño que lerás moitos contos para ter tanto repertorio... ¿canto tempo levas nesto xa?  
     
Doce anos.       
¿E como comezou?  
     
Eu sempre tiven afección pola literatura e por contar historias. Todo xurdiu nun encontro de literatura infantil e xuvenil en Sevilla. Había unha sesión de contos, e da delegación galega ía contar Xabier Docampo, pero no momento en que lle tocaba non andaba por alí, entón dixéronme: "Ti, que es a máis nova e fas teatro, mal será que non saias ben do paso". E así foi, contei unha historia e funcionou moi ben, e suxeríronme repetir en Galicia.       
Pero comezaches con contos para nenos, ¿como pasaches a contar para adultos?
      
No mesmo tempo, cando volvín do encontro, Quico Cadaval xa estaba contando contos para adultos e daquela xa me chamara para iniciar repertorio, porque eu só tiña un par de contos. Dun tempo a esta parte puxéronse bastante de moda os contacontos a raíz do 'Club de la comedia'...       
O do 'Club de la comedia' son contos cómicos, e o conto non ten por que ser cómico. Iso fixo que o público acudise ós contos como ós monologos, esperaba que fixeses gracia, e o conto necesita que o público siga a historia, necesitas pasar por varios estados de ánimo... Moitos contos non son cómicos, pero a xente demanda risa...       
O mellor é que fai falla    
   
Si, supoño que si, pero tamén se pode desafogar doutras maneiras, como cando vas ó cine, que ás veces vas ver unha comedia e outras, un drama.       
E por certo, son unhas vacacións interrumpidas, porque o 24 xa estás en Santiago presentando o teu poemario 'Contatrás'...       

Si, é unha semaniña, e despois volvo para presentar o libro e a outras cousas, pero son vacacións igual... ademais é unha presentación moi divertida, cun espectáculo de música que gusta moito... agora que o dis, vou chamar ós músicos, xa me esquecía.       
¿O salto á poesía foi complicado?    
   
Non, porque é unha poesía un pouco distinta, con certo fío narrativo, é a forma o que a fai diferente á narración. Cando contas contos para nenos xogas con imaxes moi elementais, e se asemella moito á poesía.       
¿Que proxectos tes para a volta das vacacións?
      
Pois xa empezo en vacacións a gravar 'Pepe o inglés', a serie da TVG, e en outubro retomo a obra 'A cova de Babaiagá' co Centro Dramático Galego para unhas funcións que nos quedan pendentes.       
Xa para rematar, unha pregunta 'veraniega': ¿Ortigueira ou Festas do Apóstolo?
  
¡Ortigueira! Non me gusta moito cando unha morea de xente se amontoa nalgún sitio, pero gústame o que ten Ortigueira de aire libre, e tamén a música, é outro tipo de festa. Eu pásoo mellor.

VER OTRAS

©Galicia en PáXinas S.L. Todos los derechos reservados.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es.-Optimizada para 800 x 600 píxels.