noticiasgalicia.com
Google
   

LA ENTREVISTA

Jesús García Calvo, presidente de Feiraco:
"Feiraco terá moito que dicir no grupo lácteo galego se chega a crearse"


"Imos poñer en marcha un sistema colectivo de alimentación que suporá a segunda grande reforma do sector agrogandeiro de Galicia"

Case 40 anos despois da súa constitución, Feiraco sigue sendo un dos referentes dentro do sector lácteo galego e dos 406 socios fundadores pasou aos máis de 7.000 actuais.       
Trala crise rexistrada a finais de 2004, os resultados do exercicio pasado superan todas as expectativas do Plan de Viabilidade posto en marcha para sanear as contas da cooperativa. De feito, no 2005, obtivo un beneficio de 1,44 millóns de euros, frente ás perdas de 5,9 millóns rexistradas o ano anterior.       
Ao frente da empresa estivo ao longo de todos estes anos Jesús García Calvo, primeiro e actual presidente, quen se manterá no posto polo menos dous anos máis, ata o remate do seu mandato. Despois non se sabe o que acontecerá, aínda que considera que con 87 anos no 2008, irá chegando a hora da xubilación       
¿Que balance fai destes últimos anos?       
Nestes anos produciuse a implantación do modo de facer das cooperativas na economía e na sociedade, pero ás veces houbo intentos que fracasaron como foi o caso en Feiraco da fabricación de iogures e a seción de produción de carne. Aínda así, penso que ante a situación crítica que atravesa o sector lácteo hai que buscar outras actividades económicas derivadas da gandeiría e próximas a ela que o complementen.       
¿Foi a crise desatada a finais do 2004 a situación máis complexa que lle tocou vivir ao frente da cooperativa?
      
Non, para nada. Non son empresario, nunca o fun, senón o creador dunha cooperativa e neste aspecto sempre estiven en crise permanente. Dende o ano 1969 estiven en crise e esta é unha máis. Penso que a peor foi unha que houbo entre 1978 e 1982, o que acontece é que desta vez foi máis escandalosa porque o volume da cooperativa tamén é máis importante.       
En vista dos resultados do primeiro ano de aplicación do Plan de Viabilidade imaxino que contarán con sanear as contas antes do previsto...     
  
Penso que si, porque este ano xa superamos moito as previsións do Plan. O programa de Viabilidade está desbordado aínda que nos fixo perder cousas que son importantes para o futuro como a facturación e pechamos actividades que penso que era importante manter de cara ao futuro. Por exemplo, o plan de cebo de gando vacún está medio abandonado, pechamos as fincas propias de engorde e tamén certas actividades industriais. De feito, considero que deixar de producir iogures é un paso atrás moi importante porque temos que pensar que o leite non é a actividade única a desenvolver pola cooperativa, senón que hai que ter . Temos que ter unha pluralidade de actuacións.       
¿Que está afectando ao sector lácteo galego a presencia de competencia exterior, sobre todo de Francia?
      
As industrias de fóra, como todas as entidades de carácter económico, o que queren é barrer para a súa casa. Aquí hai moitas industrias con capital exterior, francés principalmente, pero tamén hai moitas áreas comerciais, excepto un par delas, que son francesas, polo que nos están controlando a produción.  O problema é que nos están invadindo con leite de Francia e aínda que non sexa en moita cantidade pode provocar unha inestabilidade no mercado nacional.       
Grupo lácteo       
De cara a lograr maior presencia nos mercados, ¿Sería posible unha fusión ou integración de Feiraco e Leite Río?  
     
Non creo. Agora fálase de buscar a solución ao sector dando impulso a un grupo lácteo galego e gustaríame que puidera ser certo. Xa houbo varios intentos fallidos e parece que se está en trance de comezar outro e Feiraco ten moito que dicir nese grupo porque representa intereses colectivos, non puramente individuales, xa que a nosa función non é ganar cartos, senón defender os intereses dos gandeiros.       
¿Desta vez será posible crealo ou considera que xa pasou o mellor momento ao reducirse o número de empresas do sector con capital galego?
    
Antes tería sido máis doado, sobre todo porque tamén había unha cooperativa e industrias de capital galego. Podía ser posible porque éramos moitos e tería sido doado acadar un acordo. Agora é moi difícil chegar a un acordo, porque Leite Río, sen ser mellor ou peor que outras industrias do sector, non se parece en nada a Feiraco. Nós somos unha cooperativa e Leite Río é unha industria que busca o máximo lucro.       
¿Empezou a barallar a posibilidade de xubilarse?       
Fáltanme dous anos e non penso que continúe. Recentemente houbo elexiuse o vicepresidente e houbo moita polémica, polo que imaxino que no caso da presidencia aínda haberá máis confrontacións, pero non podo nin quero intervir neso.       
¿Que proxectos ten en mente para estes dous anos?
      
Tiñamos un proxecto para este ano pero que non puido ser por falla de tempo. Trátase dunha asociación colectiva para implantar servicios comúns para máis de 3.000 vacas como mínimo. E unha especie de sociedade que se encargará da alimentación para facela de xeito conxunto. Esto permitirá ter unha economía de custos impresionante xa que teremos un centro que se ubicará, como moito, nun radio de 15 kilómetros ata as explotacións.       
Queremos empezar a aplicalo no Val do Dubra, pero quedou en suspenso polos trámites administrativos que son precisos, xa que Urbanismo está atascado na Xunta. Non queremos correr o risco de empezar unha obra e non poder acabala por falta de autorización administrativa. Por eso, aprazámolo ata o ano que vén pero será unha segunda reforma importante de todo o sector gandeiro en Galicia.

VER OTRAS

©Galicia en PáXinas S.L. Todos los derechos reservados.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es.-Optimizada para 800 x 600 píxels.