noticiasgalicia.com
Google
   

LA ENTREVISTA

Xosé Manuel Piñeiro, "showman":
"A mín agosto horrorízame"


Xosé Manuel Piñeiro (Allariz, 1957), o anteriormente coñecido como 'Superpiñeiro', quedará sen vacacións este verán. Todo por unha boa causa. Despois de máis dunha década animando as noites dos martes e de varios meses de "descanso" profesional, o 'showman' galego volve á carga. Presentará un novo programa na Televisión de Murcia. E logo virán máis. "Teño varios proxectos", asegura o polifacético presentador galego, que non descarta a súa volta á TVG. "A mín agosto horrorízame", confesa. E aconsella Portugal para fuxir uns días.
      
Ten un novo proxecto nada máis e nada menos que na Televisión de Murcia, ¿como xurdiu?       
Xurdiu grazas ao meu manager que me convidou a incorporarme a este proxecto da Televisión de Murcia. E como levaba uns meses de repouso na Televisión de Galicia, pareceume interesante vir aquí, sen esquecerme de que eu donde xa teño o meu público e donde quero traballar é na miña casa, que é a TVG. E un proxecto interesante porque se trata dunha televisión nova, con xente moi nova. Ademais, botar algo a andar sempre é moi interesante. Xurdiu da maneira máis normal: "¿Non estás traballando?, pois nada, vente para aquí que botamos a andar novos proxectos". Foi o que me dixo o meu manager.       
¿En que consistirá o novo programa?       

Neste momento estou adscrito ao departamento de Programas, para empezar diferentes proxectos. O primeiro será un 'karaoke' de verán, como o que xa fixeramos na TVG. Durará tres horas e aparte dos cantantes noveis, haberá artistas consagrados e tertulias. Será un 'show' de noite. Seguramente dirixirei un concurso cultural.       
¿Seguirá utilizando o seu nome artístico nesta nova andaina?
      
Non, 'Superpiñeiro' só é para Galicia. Aquí serei José Manuel Piñeiro exclusivamente. O de 'Superpiñeiro', mentres o queiran manter en Galicia estou encantado, porque hai que ser agradecidos. A verdade é que o nome ten a súa coña, é polo que me coñece a maioría da xente.       
¿Como se adaptou a Murcia?   
    
O calor lévoo bastante mal. Aínda que eu son de Ourense e alí fai un calor de 'mil demos', a verdade é que aquí é máis forte. E depois cómese moi ben. E unha terra que ten todos os productos da horta.       
¿Bota de menos Galicia?    
   
Moito, de feito vou practicamente case todas as fins de semana. Senón vou cada sete días, vou cada quince con toda seguridade.       
¿Terá vacacións este ano?       

Pois non. Vacacións ningunha, aproveitarei para escaparme de cando en cando a darme un 'chapuzón' nas praias de por aquí. As veces aproveito para visitar Valencia, Barcelona ou Alicante, para coñecer un pouquiño máis o Mediterráneo.       
Estivo na festa dos maiores de O Carballiño, ¿como resultou a experiencia?    
   
Con toda modestia, foi un baño de multitudes que me emocionou moito. Supuxo o reencontro coa miña parroquia. Ese día tiven a maior sensación de cariño de toda a miña vida. Foi moi emocionante. A xente maior pásalle o mesmo que aos nenos, son moi sinceros, se che queren maniféstancho e senón tamén.       
¿Considérase un bó animador de festexos?    
   
En Allariz alguén me puxo o alcume de 'showman', e eu creo que si que o son. Estou na miña salsa e gústame facer programas divertidos e animados, síntome como peixe na auga. Ao pregón da festa da Ostra de Arcade fun porque levaba conmigo a un personaxe ao que eu lle quero moito que é o 'galo Cecilio', e entre os dous fixemos un pequeno show.       
Se non me fallan os datos, está a punto de cumplir cincuenta anos. ¿Sinte a crise propia desa idade?
      
Eu a primeira crise que tiven foi aos 30 anos, aí si que notei que algo cambiaba na vida. O que ocorre é que veñen cousas a manterte vivo. Con trinta anos empecei no 'Supermartes' e agora casi con cincuenta veume a experiencia de Murcia. Tamén tiven ofertas de Punto Radio e Radio Voz en Galicia. O que nunca perdín foi a capacidade de manter o espíritu mozo.       
¿Ten algún truco confesable para manterse tan ben?     
  
Todos son confesables. Lavar a cara con agua fresca e botar unha crema corriente. Tamén fago algo de exercicio, sobre todo andar e bicicleta, que é o que máis me gusta.       
Para rematar, ¿poderíanos recomendar un sitio para pasar o verán?
      
Eu son un amante de Portugal, aínda que tamén me gusta a zona de Praia América, pero non en agosto. O verán en agosto hai que sufrilo, non disfrutalo. A min agosto horrorízame.

VER OTRAS

©Galicia en PáXinas S.L. Todos los derechos reservados.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es.-Optimizada para 800 x 600 píxels.