noticiasgalicia.com
Google
   

LA ENTREVISTA

Pepe Araújo, concelleiro de Cultura do Partido Popular en Ourense:
"No partido non me deron ningún tirón de orellas pola miña voda "

E político e nas súas máns están as actividades culturais que teñen lugar na cidade de As Burgas. Pero hai uns meses que saiu do anonimato ao ser o primeiro membro do Partido Popular que facía efectiva a Lei de matrimonios homosexuais, ao casar coa súa parella.       

Pepe Araújo, concelleiro de Cultura do PP en Ourense, foi o precursor, pero hoxe xa non é o único. Trala voda dun militante 'popular' en Madrid, a polémica volve a estar servida. No seu caso sentiuse "totalmente respetado", pero a que máis pegas puxo foi a Igrexa. "Son os que a están armando sen piedade", afirma Araújo.       

Cúmprense tres meses dende a súa sonada voda. ¿Como acolleu a xente de Ourense este enlace?   
    
Na miña cidade non notei nada especial nin estrano. Todo segue igual de ben que antes. Coido que o aceptaron ben, a verdade é que moi ben.       
¿Que lle pareceu o debate que se xerou a partir do seu enlace?  
     
Creo que é un debate necesario, vivimos nunha sociedade que está cambiando e é normal que existan este tipo de contradiccións: xente que opina dunha maneira e xente que opina doutra. Nunha sociedade que cambia permanentemente, é normal que algo habitual se convirta nun debate. Eu non lle dei máis importancia ó que ocorreu.       
¿Que opina de que esa polémica se volvera a repetir coa voda dun militante do PP, casado por Alberto Ruíz Gallardón?
      
A verdade é que non estiven moi pendente do da voda, porque estiven en León cun irmanamento entre un barrio de Ourense e un concello leonés. Non puiden estar moi pendiente das noticias. O que si teño claro é que me parece estupendo o que fixo este rapaz, que xa anunciara a súa voda hai moitísimo tempo. Pareceme tamén moi ben que un alcalde cumpla a lei e que case a unha parella. Porque ao final, na lei está recoñecido que podes casar.       
A máis crítica co enlace foi a Igrexa, ¿que lle parece?       

Ao final son eles os que a están armando sen piedade. Vivimos nun estado laico, no que a Igrexa ten que opinar do que ten que opinar. Esta é unha cuestión civil, non relixiosa. Nese sentido a igrexa non ten nada que dicir.       
Tamén houbo importantes críticas dentro do propio Partido Popular...  
     
O Partido Popular é un partido que abarca moitas formas de pensar, hai nel xente que pensa de diferentes maneiras sobre todo neste tema. Están aqueles cos que me sinto identificado, como Gallardón, que é un alcalde e un político espectacular. E o perfil de político que para min ten que ter o PP. Logo hai outros políticos máis conservadores. Teño que dicir que con respecto a min, á miña persoa e á miña voda nunca tiven ningún problema. Non me deron ningún tirón de orellas. Sentinme totalmente respetado.       
¿Que balance persoal fai da lei do matrimonio homosexual?    
   
E unha lei necesaria, que ven a atender unha realidade social que existe no mundo enteiro. Que a xente non é só heterosexual senón tamén homosexual, que ten outra orientación e que debe ter o mesmo amparo legal. Para mín é unha lei valente, unha lei necesaria.       
¿Presentarase ás próximas eleccións municipais en Ourense?  
     
Eso habería que preguntarllo ao candidato e ao propio partido. E unha cuestión que non podo responder eu. O que si teño é a intención, gústame moito o meu traballo e se o partido decide que debo ir na lista e o candidato tamén, pois irei.       
¿Canto tempo leva no mundo da política?     
  
En política activa levo desde 2003, ocupando o cargo de concelleiro de Cultura. En política, como militante, empecei aos 19 anos.       
¿Pensou en dedicarse a outra cousa?       

Si,desenvolvin outras actividades a nivel empresarial e traballo por conta allea.       
¿Como se presentan as súas vacacións de verán?  
     
En principio ben. Collerei as miñas vacacións no mes de setembro       
¿Que proxectos lle esperan á volta de vacacións?       

En principio, traballar como sempre, e pouco máis. Preparar a programación de nadal e o Festival de Cine de Ourense . Ese será o meu traballo fundamental á volta das vacacións.       
Lugar para perderse no verán?
      
Para mín, La Habana

VER OTRAS

©Galicia en PáXinas S.L. Todos los derechos reservados.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es.-Optimizada para 800 x 600 píxels.