|
Jose
Antonio Fontenla, Presidente da Confederación de Empresarios
de Galicia
"Queremos
representar o mellor posible ós empresarios e lograr ter un diálogo
fluido coa Administración Autonómica"
 |
Aldara
Iglesias.- José Antonio Fontenla é o presidente e a voz
da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e está a cumplir
o seu segundo mandato de catro anos nesta agrupación tras volver
a ser elexido no ano 2005. Nunha entrevista concedida a Noticiasgalicia,
Fontenla fai balance da súa actividade á fronte da
Confederación e afirma que o seu obxectivo principal é o
de exercer de ³interlocutor social² e "representar o mellor
posible ó empresariado galego².
¿Podería, a grandes rasgos, facer balance da súa xestión
á fronte da Confederación? ¿Qué logros destacaría?
Teño que dicir que collín a Confederación nunha situación caótica
marcada pola desaparición de fondos e de papeleo vinculado á contabilidade.
Actualmente atopámonos en pleno proceso xudicial en Santiago procurando
solucionar esta situación. Tendo en conta esto, penso que o maior
logro nos anos que levo presidindo a CEG é ter conseguido recuperar
o noso papel como interlocutores sociais, que é o que precisa o
colectivo empresarial galego.
¿Cantas empresas se atopan actualmente na confederación?
¿Qué vantaxes lles aporta?
As empresas coas que traballamos non teñen unha afiliación directa
á CEG, senón que a súa implicación ven dada a través das catro confederacións
provinciais e tamén as sectoriais, como poden ser os empresarios
da construcción, do metal, os transportistasŠ Eu calculo que serán
arredor dunhas 80.000 empresas, das cales unha serie delas pertencen
ó "Consello asesor do presidente" e coas que nos reunimos
periódicamente xunto con outras empresas de peso a nivel Galicia,
Estado ou mundo para procurar que as pequenas e medianas empresas
tamés teñan a súa voz en temas importantes para o empresariado.
¿Cales deben ser os obxectivos do colectivo empresarial
galego e cómo contribúe a Confederación a construílos?
Pois defender a liberdade de empresa, fundamentalmente, e traballamos
fortemente neso a través da Confederación. Queremos representar
o mellor posible ós empresarios e lograr ter un diálogo fluido coa
Administración Autonómica. É importantísimo que se dean certas
condicións socioeconómicas para que o colectivo empresarial vaia
cara adiante.
A confederación ten contacto con novos empresarios a través de
cursos, prácticasŠ ¿cómo son esas experiencias?
Dende a CEG queremos potenciar o autoemprego, darlles ós novos empresarios
as claves para crear o seu propio negocio. As novas xeracións de
empresarios veñen fortes e con ganas. Nós facilitámoslles os estudantes
prácticas en empresas e intentamos que se valgan das súas propias
iniciativas. MOitas empresas colaboran con nós desto, saben
da importancia das ideas renovadas e xóvenes.
¿Influiu dalgún xeito o cambio de goberno na confederación?
A CEG é apartidista, o único que pretendemos é manter as mellores
relacións institucionais posibles, indistintamente da cor que estea
na Xunta. Ademais non debemos esquecer que o grupo que está nas
cidade non non adoita ser o mesmo que o da Xunta ou o que hai a
nivel estatal, de modo que as relacións coa Administración non cambian
ainda que se de un cambio de goberno.
¿Cales son as prioridades en canto a infraestructuras
neste momento?
A chegada do AVE é, fundamentalmente, o que vai cambiar os hábitos
da vida empresarial galega, por fin seremos cidadáns de primeira.
Outro reto pendente é a cuestióin de convertir moitas vías rápidas
en autovías e queda tamén moito que solucionar en canto a
portos.
Falaba hai un par de días da importancia de rendabilizar o AVE
e consolidar o turismo en Ourense, ¿cómo se atopa esta provincia
a nivel empresarial na actualidade?
Ourense é, sen dúbida, unha provincia moi mal comunicada co resto
da comunidade que podería explotar moito máis este sector. Parécenos
fundamental, neste senso, que se remate canto antes o eixo que a
unirá con Lugo.
Para o ano celébranse eleccións municipais, ¿é vostede
dos que pensan que ano de eleccións, ano de licitación de obras?
Por suposto; sempre que hai elccións, hai licitacións. Parte dos
políticos pensan que se poden ir do poder e queren deixar as promesas
electorais ben cumpridas.
¿En que medida cre que a oleada de incendios pode afectar a actividade
empresarial de certos sectores como servizos, ou o madereiro?
Está claro que a economía galega se viu fortemente afectada
pola vaga de incendios, sobre todo, para aqueles que traballan directamente
coa madeira e cos que queda ainda moito que falar en canto indemnizacións.
O sector turístico, foi o outro grande damnificado que que no verán
houbo serias cancelacións de viaxes de senté que cambiou a última
hora o seu destino ó ver cómo ardía Galicia. Os incendios deste
ano en Galicia foron unha auténtica traxedia, é algo que non se
pode volver a producir. Agora o que temos é que traballar por ter
un monte competente, con plantacións modernas e que a xustiza bote
man dura ós que prenden lume.
|