banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

Os museos da Rede Museísticaforon seleccionados, en representación de Galicia, para participar no proxecto Quen lle dá a volta á tortilla

 

noticiasgalicia.- Os museos da Rede Museística dependente da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo foron seleccionados, en representación de Galicia, para participar no proxecto Quen lle dá a volta á tortilla. Homes, mulleres, xénero e roles nas coleccións de tres museos provinciais , unha iniciativa na que participan tamén o Museo de Bellas Artes de Murcia e o Museo de León. Neste proxecto, xestionado polo colectivo Medusa Mediación e subvencionado polo Ministerio de Cultura, interveñen como representantes dos respectivos museos Luís Grau (director do Museo de León), Juan Sandoval (director do Museo de Murcia) e Encarna Lago (xerente da Rede Museística de Lugo), así como Noa Persán, Paula Cabaleiro e Iago Eireos como artistas invitados.

Quen lle dá a volta á tortilla?... concíbese como unha oportunidade para seguir reformulándonos as relacións entre mulleres e homes e a nosa propia forma de estar e ser no mundo, intentando “darlles a volta” a tantos e tantos prexuízos e estereotipos que aínda nos embelecan, coartan e limitan. Neste senso, a proposta que fai a Rede Museística da Deputación de Lugo a este proxecto, invita a analizar a representación que se fixo tradicionalmente do que se considera ser home e ser muller. Para iso partirase de 20 obras da colección permanente e crearase un grupo formado polas persoas interesadas que analizará e reflexionará sobre os modelos que transmiten esas imaxes. A primeira fase do proxecto consiste no desenvolvemento dun curso práctico ou obradoiro de 20 horas de duración que se vai desenvolver nas sedes dos catro museos da Rede desde o martes 7 ao sábado 11 de febreiro, co seguinte calendario:
- Museo Provincial de Lugo, (días 8 e 11)
- Pazo de Tor (Monforte de Lemos), (día 7)
- Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo (día 9)
- Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol, (día 10).

O obradoiro exponse de xeito moi práctico e combina aspectos teóricos e aspectos lúdicos, demostrando que aprender é divertido. A súa metodoloxía baséase nunha reflexión lúdica e participativa, onde se valora todo o coñecemento e experiencia das persoas que estean involucradas, máis aló de cuestións teóricas, de xénero, procedencia ou idade. Pode participar calquera persoa con ganas de coñecerse máis a si mesma e coñecer máis o mundo en que viven. Froito deste obradoiro será unha exposición itinerante polos museos participantes no proxecto. Para máis información e inscricións, os interesados/as deben dirixirse á web do colectivo Medusa Mediación, proxecto: Quen dá a volta á tortilla?

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad