A USC
imparte o próximo ano catro graos no Campus de Lugo
|
noticiasgalicia.-
Máis da metade das titulacións da USC nas que se poden iniciar
estudos no curso 2009-10 son xa graos adaptados ao Espazo Europeo
de Educación Superior. No Campus de Lugo ofértanse catro graos,
en Administración e Dirección de Empresas, en Enfermaría, Lingua
e Literatura Españolas e Relacións Laborais e Recursos Humanos.
A Universidade de Santiago impartiu xa este curso 2008-09 os
graos en Ciencia Política e da Administración e en Matemáticas.
Próximo a vencer o prazo temporal establecido polo Plan Boloña,
para o vindeiro ano académico a institución docente incorpora
26 novos, sumando así 28, segundo informou en rolda de prensa
o reitor Senén Barro. Continúan a ser como ata agora as carreiras
de Humanidades, Veterinaria, Ciencia e Tecnoloxía (2º ciclo)
e Química (2º ciclo) de Lugo; Traballo Social, Dereito, Óptica
e Optometría, Farmacia, Medicina, Psicopedagoxía (2º ciclo)
e Odontoloxía en Santiago; os Mestres e as enxeñarías, exceptuando
a Informática. A esta oferta oficial, da que 33 títulos teñen
límite de prazas (8 deles en Lugo), súmanse catro titulacións
propias en Santiago: o Graduado en Ciencias Criminolóxicas e
da Seguridade Pública; o Diploma en Xestión e Dirección de Empresas
Hostaleiras; o Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas
Hostaleiras; e a Especialización en Avogacía, procuradoría e
Práctica Xurídica.
Matrícula
O prazo de matrícula para os estudantes que iniciarán estudos
na Universidade de Santiago comezará o vindeiro 21 de xullo
e estenderase ata o 20 de outubro nas titulacións sen límite
de prazas, agás o mes de agosto no caso da matrícula presencial.
Este mesmo prazo establécese para o estudante de fóra de Galicia,
que deberá facer unha solicitude previa por internet nesas datas.
Nas carreiras con límite o primeiro prazo desenvolverase entre
os días 21 e 23 de xullo mentres que o segundo será do 28 ao
30 do mesmo mes. Os seguintes prazos continuarán a partir do
1 de setembro. Todos os estudantes, incluídos os de primeiro
curso, poden facer a matrícula por internet (www.usc.es/matricula).
A modificación só poderán facela a través da rede. Para iso,
na súa aposta decidida polas novas tecnoloxías, a USC pon a
disposición dos futuros e actuais estudantes cobertura sen fíos
en todos os espazos da USC ademais das tres aulas de informática
habilitadas para tal fin, en Santiago na Biblioteca Concepción
Arenal e na Facultade de Filoloxía e en Lugo no Edificio Biblioteca
Intercentros. O pagamento das taxas poderá ser único ou fraccionado
en tres prazos, o primeiro nos seguintes dez días á formalización
da matrícula, o segundo en decembro e o último na primeira quincena
de marzo.
|
|
canal
islas
atlánticas
|
canal
vinos
|
canal inmobiliario
|
canal
viajar
|
canal
empleo
|
canal
pueblos
|
canal
golf
|
canal
museos
|
canal
directorio
|
canal
empresas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|