|
noticiasgalicia.-
A Concelleira de Economía,
Emprendemento e Autónimos, Sonia Méndez, e o Coordinador
de Institucións do BBVA en Lugo, Manuel Otero, asinaron
un convenio que permitirá a todos os lucenses pagar os seus
recibos nas oficinas desta entidade. Sonia Méndez salientou
que ³este acto é moi importante para ampliar o número de
entidades colaboradoras a efectos da recadación de tributos
municipais, ademais de ser unha vella aspiración municipal
xa que este banco é o que ten maior expansión despois das
antigas caixas². Este é o primeiro dunha serie de convenios
que o Concello vai asinar con diferentes entidades para
ofrecer unhas maiores facilidades aos contribuíntes e ampliar
o número de oficinas dentro e fóra de Lugo nas que os cidadáns
poidan facer os seus pagos.
A Concelleira de Economía destacou que "no ano 2008
só se podían facer pagos nas oficinas de Novagalicia Banco
e,agora, pódense facer en la Caixa e no BBVA, co que se
ampliou o número de entidades coa vantaxe especialmente
para os contribuíntes que non residen en Lugo." Con
estas medidas preténdese avanzar na chamada ventanilla única
da administración co obxectivo de faciliar os trámites burocráticos
aos contribuíntes e conseguir tamén unha maior eficacia
recaudatoria.
Neste sentido, o Concello de Lugo, xa comezou as negociacións
con diferentes entidades para seguir facilitando o abono
dos impostos municipais evitando o seu desprazamento. Tamén
con estes convenios se evita que os contribuíntes teñen
que pagar recargos ao esquecerse dos períodos de pago voluntario.
O Coordinador e Institucións do BBVA explicou que ²os contribuíntes,
sexan clientes ou non do BBVA, poderán facer os seus pagos
a través da banca electrónica, da banca telefónica e nos
propios caixeiros automáticos². Este entidade conta na cidade
de Lugo con 6 oficinas, 34 na provincia e 235 en toda Galicia.
Próximos convenios
Dende a Concellería de Economía informouse que tamén se
está en negociacións co co Colexio de Notarios, co Colexio
de Xestires, coa Oficina do Catastro, coa Axencia Tributaria
e coa Direción Xeral de Tráfico. A través do convenio co
Colexio de Notarios prevese facilitar o pago da plusvalía
na mesma notaría na que se realiza a transmisión do ben
e poderase coñecer sobre os pagos do IBI pendentes do ben
transmitido. No caso do acordo co Colexio de Xestores prevese
que permita o pago nestas oficinas o primeiro recibo do
imposto de rodaxe dos vehículos novos.
Dende o Concello tamén se negociará con outras administración
como a Axencia Tributaria para ampliar o acordo, xa existente,
polo que as empresas e particulares que soliciten algunha
axuda ao Concello non teñan que reclamar a expedición de
certificacións e do estado das obrigas tributarias. En este
sentido, coa Oficina do Catastro prevese poder dar de alta
bens e inmobles ou a alteración de orde físico e económico
de novas construcións ou reformas no propio Concello, co
que se conseguiría unha maior eficacia.
|