|
noticiasgalicia.-
Dende a Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral,
infórmase que mañá martes 31 de xaneiro remata o prazo para solicitar
unha das 30 prazas que se ofrecen na nova edición do programa europeo
de formación Lugoqualitas. Este é un proxecto do Concello de Lugo,
pertencente ao programa Leonardo da Vinci de aprendizaxe permanente,
que ten como obxetivo que recén titulados universitarios e de formación
profesional realicen prácticas en empresas de Alemaña, Italia e Reino
Unido. Este ano convócanse 30 becas para 13 estancias en Florencia
(Italia), 12 para estancias en Belfast (Reino Unido) e 5 en Hamburgo
(Alemania).
As estancias durarán 12 semanas, das cales as 3 primeiras estarán dedicadas
a un curso intensivo da lingua do país e as 9 restantes á realización
de prácticas en empresas dos sectores nos que os participantes realizaran
os seus estudos. As becas para a realización de prácticas, baseandose
nas condicións establecidas polo Programa Leonardo da Vinci, consistirán
en costes de viaxe, desprazamentos ata o lugar de destino, seguro de
asistencia en viaxe, costes de preparación lingüística, tutorización
das prácticas nas empresas, búsqueda das empresas onde se realizarán
as prácticas, xestión dos certificados oficiais e unha dotación económica
de 400 euros mensuais. As bases da convocatoria estarán dispoñibles
nas webs. www.lugo.es/espazolab e www.lugo.es/europedirect . Esther
Muñóz animou ³"aos mozos e mozas de Lugo para que presenten a
solicitude a estas becas xa que se trata dunha oportunidade para coñecer
outros mundos laborais e abrir novas espectativas laborais".
|