banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

Lugo acollerá no Auditorio Gustavo Freire do 5 ao 14 de febreiro cinco obras de primeiro nivel na XII Mostra de Teatro Clásico de Lugo 2012

 

noticiasgalicia.- XII MOSTRA TEATRO CLÁSICO LUGO Do 5 ao 14 de febreiro de 2012 ás 20:30 h. no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Domingo 5 de febreiro / 20:30 h.
UR TEATRO MACBETH DE WILLIAM SHAKESPEARE / Versión de Helena Pimenta DIRECCIÓN Helena Pimenta DIRECCIÓN MUSICAL Iñaki Salvador INTERPRETACIÓN CORAL Coro de Voces Graves de Madrid, dirixido por Juan Pablo de Juan DESEÑO AUDIOVISUAIS Emilio Valenzuela, Eduardo Moreno ESCENOGRAFÍA E DIRECCIÓN DE AUDIOVISUAIS José Tomé INTÉRPRETES José Tomé, Pepa Pedroche, Óscar Sánchez Zafra, Javier Hernández-Simón, Tito Asorey, Belén de Santiago, Anabel Maurín Unha obra de sempre. Unha das máis grandes traxedias de Shakespeare que nos propoñemos servir ao público de hoxe con imaxinación, rigor e compromiso. Unha nova ollada, necesariamente profunda, á historia deste heroe convertido en vilán que é Macbeth. O seu periplo de ascensión e caída, guiado por unha ambición desmesurada, é cousa que nos atinxe a nós. Macbeth, na súa aloucada carreira contra a incerteza que supón o vivir, non só se destrúe a si mesmo e todo o que o rodea, senón tamén a ilusión que impulsa a humanidade a poñerse en pé cada día, negociando con dignidade coa nosa vida mortal. Elixir ser un canalla pode parecer máis rendible, dende o punto de vista práctico, ca elixir ser honrado. Shakespeare ábrenos unha fiestra a través da cal contemplamos como operan os mecanismos do mal, e espera que tiremos as nosas propias conclusións. A sempre poderosa palabra shakesperiana alíase nesta ocasión con composicións da ópera de Verdi do mesmo título, interpretadas polo Coro de Voces Graves de Madrid, e con outros temas creados polo director musical do espectáculo, Iñaki Salvador, nun diálogo que contribuirá a dar conta do contraste de atmosferas, emocións e sentimentos que poboan esta magnífica obra. Helena Pimenta

Luns 6 de febreiro / 20:30 h.
PRODUCCIÓNS EXCÉNTRICAS - MOFA & BEFA SHAKESPEARE PARA IGNORANTES DIRECCIÓN Quico Cadaval INTÉRPRETES Quico Cadaval, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira IGNORANCIA: Falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral. SHAKESPEARE: Creador e produtor teatral de grande éxito no século XVII. O aspecto inicial do espectáculo é o do produto didáctico en estado puro, salientando a condición de colectivo do público, carente duns coñecementos concretos. Dende esta transparencia expositiva, o primeiro que se desenvolverá na escena será a conferencia dun prestixioso profesor, que pretende ser unha amena palestra para un público con coñecementos menos ca básicos da inmortal obra do conspicuo bardo. O profesor reclamará, para facer máis deleitosa a instrución que pretende meter na cabeza dos asistentes, o concurso de dous actores talentosísimos pero temporalmente desempregados. Estes son MOFA&BEFA, que irrompen na académica conferencia para poñeren en primeiro plano as escenas do famoso autor máis ignoradas, por desidia ou falta de ocasións, polo público actual. O riso máis cruel, as intimidades máis vergoñentas, os actos máis deshonestos, as vilanías máis astutas, os mecanismos máis ocultos do mal serán mostrados pola máquina cómica de MOFA&BEFA. Asasinos, mendigos, bufóns, conspiradores, cornudos, delatores, oportunistas, chulos, torturadores, todos os personaxes que nunca teñen o protagonismo, terán agora a oportunidade de se amosaren. Cando escollemos o termo ignorantes referímonos só a unha parte do significado da palabra. Case todos os dicionarios importantes clonan a mesma definición de ignorancia: "Falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral". Dirixímonos a un público falto de noticias só sobre Shakespeare, e que desexe telas para o seu uso persoal. Pensamos que a ninguén se lle pode atribuír falta de ciencia para gozar de Shakespeare, porque nada do humano lle foi indiferente, até o punto de que moitos afirman que el foi o zoólogo que mellor coñeceu a especie humana. O astuto e intelixente público de MOFA&BEFA poderá tirar deste espectáculo valiosos recursos para resolver problemas da súa vida privada, laboral ou pública.

Mércores 8 de febreiro / 20:30 h.
SECUENCIA 3 LA CELESTINA DE FERNANDO DE ROJAS / Versión de Eduardo Galán DIRECCIÓN Mariano de Paco Serrano INTÉRPRETES Gemma Cuervo, Olalla Escribano, Alejandro Arestregui, Juan Calot, Santiago Nogués, Natalia Erice, Rosa Merás, Jordi Soler, Irene Aguilar A Celestina é, xunto con Don Quijote e Don Juan, un dos tres grandes mitos universais creados pola literatura española. Fernando de Rojas escribiuna a finais do século XV coa intención de que fose lida polo público universitario e culto da súa época e non para ser representada. A Celestina pertence ao xénero denominado comedia humanista, que a fins da Idade Media se cultivou no sur de Europa a imitación da comedia latina, coa intención de amosar unha relación de amores ilícitos condenada ao fracaso. [...] Xuntamente co estilo culto, a famosa Tragicomedia de Calisto y Melibea incorpora unha linguaxe popular, propio das orixes da comedia, que caracteriza a fala de Celestina, os criados e as ³putas² Elicia e Areúsa... Calisto, un mozo nobre aposto e de claro enxeño, entra perseguindo un falcón na horta onde está Melibea, da que queda fondamente namorado. Ante o rexeitamento dela, aconsellado polo seu criado Sempronio decide encomendarse a Celestina, para lograr pola súa mediación o amor de Melibea. A alcaiota consegue con artimañas que Melibea se namore do seu namorado. Os criados de Calisto intentan explotar en beneficio propio a paixón do seu amo, que lle prometera a Celestina unha cadea de ouro se lograban entre todos o éxito. Cando isto sucede, os criados reclaman a súa parte, e ante a negativa de Celestina mátana. Son presos e executados pola xustiza, do que Calisto ten noticia ao día seguinte. Os amantes esquecen axiña estes tristes sucesos e gozan do seu amor ata que un accidente fortuíto acaba coa vida do mozo. Ante a morte do seu amado, Melibea sobe a unha torre e tírase dela despois de declararlle as causas do suicidio a seu pai. A obra remata co pranto e unhas reflexións morais de Pleberio, pai de Melibea.

Xoves 9 de febreiro / 20:30 h.
SARABELA TEATRO O INCERTO SEÑOR DON HAMLET DE ÁLVARO CUNQUEIRO DIRECCIÓN Ánxeles Cuña Bóveda ESCENOGRAFÍA E ILUMINACIÓN Suso Díaz INTÉRPRETES Fernando Dacosta, Tito Asorey, Nate Borrajo, Josito Porto, Sabela Gago, Elena Seijo, Fina Calleja, Alfredo Rodríguez Sarabela Teatro achéganos a esta obra única de Álvaro Cunqueiro, texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito ritmo, musicalidade, escrita de realismo soñado, con grandes acertos técnicos, forza dramática e orixinalidade. Unha montaxe cunha teatralidade nova do mal, combinada co uso da ironía e procedementos lúdicos, na que se equilibran as forzas amor/morte. O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca establece pontes entre tradicións culturais, seguindo a tendencia europea do teatro de mitos, adaptándose á sociedade actual. Os oito intérpretes establecen un diálogo en continua transformación poética (con multitude de significados posibles), por veces melancólica, irónica outras, potente sempre; resaltan a grotesca crueldade, o patetismo e a perplexidade, o humor... tan explicitamente e con tantos azos a través da entoación, a expresión e a evocación física que a linguaxe lírica coa que falan soa clara como só a poden facer emerxer actores e actrices que saben combinar técnicas interpretativas no fío dun arame. A xustaposición do coro, dos cómicos e dos habitantes de Elsinor é un dos factores máis importantes da nosa proposta. Trátase de facer clara a forma a través dos contrastes; crear un movemento dinámico; unha posta en escena espida. Un espazo metafórico, Elsinor: recoñecible alén dos mares. Os personaxes xogan á simulación. "A corte de Dinamarca é un teatro onde ninguén é o que aparenta". O lugar máis venteado do mundo. Un vento que provén das tebras, un vento terrorífico, unha ameaza. Un espazo simbólico de corrupción, luxuria e crimes. Hai máscaras e desenmascárase. Entre os signos que definen a nosa proposta están a escenografía e a luz. Unha luz de caverna verde non comunica ao organismo a mesma disposición sensual que a luz dun día ventoso. Coa luz e as imaxes achegámonos ao mar. Tralo son, creador de atmosferas, a luz e as imaxes, chega a acción contemporánea, e o dinamismo da acción: aquí o teatro, "lonxe de copiar a vida tenta comunicarse coas forzas puras". Non imita, constrúe a partir do imaxinario.

Martes 14 de febreiro / 20:30 h.
NAO D¹AMORES AUTO DE LA SIBILA CASANDRA / Versión de Ana Zamora DIRECCIÓN Ana Zamora INTÉRPRETES David Faraco, Luis Moreno, Elena Rayos, Alejandro Sigüenza, Juan Pedro Schwartz MÚSICA ORIXINAL, ARRANXOS E DIRECCIÓN MUSICAL Alicia Lázaro INTERPRETACIÓN MUSICAL Sofía Alegre (viola de gamba), Eva Jornet (frautas), Isabel Zamora (clave) Casandra, en figura de pastora, renega do matrimonio e rexeita os amores do pastor Salomón. Nin os consellos das súas tres tías (as sibilas Erutrea, Peresica e Cimeria) nin os dos tíos de Salomón (Moisés, Abraham e Isaías) a dan persuadido, e finalmente confesa que quere renunciar ao matrimonio porque sabe que Deus se ten de reencarnar nunha virxe. Esas profecías son confirmadas polas súas tías, e Casandra anuncia que ela será a virxe elixida. Esta presunción escandaliza os profetas, e mentres discuten ábrense as cortinas do fondo da escena e descobren a Virxe e o seu Fillo. Todos os personaxes acoden en pintoresca e anacrónica mestura a adoraren o Neno. O Auto de la Sibia Casandra é un exemplo da habilidade con que Gil Vicente -­o maior dramaturgo portugués e autor dalgunhas das mellores pezas en castelán do século XVI­ sabe combinar as fontes máis heteroxéneas e darlles unha unidade intelectual e dramática, situándonos nun espazo privilexiado para a experimentación e o xogo dramático. Partindo do drama de Nadal, a montaxe preséntase como unha mestura de sátira moral, escenas cómicas, intriga doméstica e escenas relixiosas, un híbrido de moralidade, comedia e misterio no que se complementan dous estratos: o litúrxico e o cómico e profano. Pero este auto é ademais a primeira obra peninsular que trata un tema abertamente feminista: non en balde se fala nela do dereito da muller a elixir libremente o seu destino á marxe das convencións sociais. Xoia teatral, parece desvelar esa nostalxia dun mundo que falta de xeito irremediable e que Nao d¹Amores recreou integrando a música como ponte máxica entre o mundo real e o ficticio. Outro reto máis, considerando que ningunha das cantigas compostas polo autor se atopa musicada en ningún cancioneiro e que a interpretación, en directo e con reproducións de instrumentos da época, vai máis aló do musical, converténdose en elemento recorrente da iconografía do Nadal deste espectáculo.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad