LUGO
El Tiempo
O BNG acusa a Orozco de ser incapaz de dialogar en beneficio da cidade

noticiasgalicia.- A concelleira do BNG Paz Abraira lamenta que o PSOE ignore o acordo do Pleno do luns no que se decidiu que o plan de obras que se financiará cos fondos estatais sexa decidido polo conxunto dos grupos municipais. "A oposición de Orozco a este acordo é unha clara mostra do seu interese de querer apropiarse de forma partidista duns cartos que son de todos os lugueses, e que por tanto son estes os que deben formar parte da decisión", afirmou Abraira.

O volume de investimentos que se materializará nun prazo de tempo tan escaso (obras que deben estar finalizadas en marzo de 2010, ampliables de forma excepcional 6 meses máis) é maior que as aportacións que o Concello fará con fondos ordinarios ao capítulo VI (investimentos reais) en 2009 investimentos reais. O goberno do PSOE ten demostrado a súa incapacidade na execución de proxectos e obras durante estes anos, e a concelleira nacionalista teme que as premuras que marca o Real Decreto na execución deste fondo estatal enterren proxectos e obras urxentes para os cidadáns de Lugo como son a biblioteca e a escola infantil da Piringalla, o centro de Entrecarrís, o saneamento rural, etc. "A necesidade de executar o fondo estatal non pode servir de excusa para esquecer obras necesarias", afirmou a concelleira nacionalista.

Abraira afirmou que, dado o seu volume estamos diante dun "orzamento paralelo" e como tal debe tratarse, dando trámite ao Pleno para ser debatido. Aínda que xuridicamente non teña esa obriga Orozco, política e democraticamente si. Un fondo extraordinario merece unha atención e cuidado extraordinario para que o que se execute non sexa a mera vontade dun alcalde senón de todo o pobo a través dos seus representantes. O contrario sería eludir o necesario control democrático dunha partida económica tan ampla


canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas

Si desea incluir información, (fotos, documentos, web...) envienosla a info@noticiasgalicia.com
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
. Optimizada para 1024 x 768 píxels
Aviso legal | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad