banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

O Alcalde de Lugo preside a Comisión de Seguridade e Convivencia Cidadá da FEMP que se constituiu hoxe en Madrid

 

noticiasgalicia.- O Alcalde de Lugo, José López Orozco, preside a Comisión de Seguridade e Convivencia Cidadá da Federación Española de Municipios e Provincias, que quedou constituída hoxe, nunha xuntanza celebrada en Madrid. Na reunión, López Orozco explicoulle ó resto dos membros da Xunta de Goberno da Comisión a iniciativa que puxo en marcha o pasado día 1 o Concello de Lugo para mellorar a seguridade viaria pola que todos os vehículos municipais e de empresas que prestan servizos ó Concello levan prendido o alumeado de cruce tamén durante o día. Entre os acordos tomados nesta primeira xuntanza, acordouse establecer como dous dos principais obxectivos da Comisión un Sistema Público de Seguridade que permita unha coordinación maior e máis eficaz entre os corpos e forzas de seguridade e a adopción de acordos entre Administracións para o desenvolvemento de planes e programas conxuntos de prevención e actuación.

A Comisión continuará durante este mandato a colaboración co Ministerio do Interior para a aprobación nos concellos dos seus respectivos regulamentos das Xuntas Locais de Seguridade e dos Consellos Locais de Seguridade, así como para que os concellos se asocien para a prestación do servizo de policía local. Nestes catro anos, a Comisión seguirá a implantación da Ordenanza Tipo de Seguridade e Convivencia Cidadá e ten prevista a elaboración dun mapa municipal e dun banco de experiencias locais sobre esta materia. Ó mesmo tempo, participará nos traballos de deseño do Plan de Acción para a Seguridade Vial, no seo da Comisión Mixta integrada por técnicos da DXT e da FEMP. A Comisión que preside López Orozco tamén favorecerá o desenvolvemento nos municipios dos chamados Pactos Cívicos pola Convivencia e, nun terreo máis concreto, pedirá unha acción coordinada de Interior e as Entidades Locais sobre o exercizo da prostitución na vía pública, en torno ás propostas elaboradas pola FEMP. Asimesmo, reclamará que a vixianza e a presenza activa nas zonas de "botellón" se leve a cabo de forma conxunta polas Fuerzas e Corpos de Seguridade do Estado, policía autonómica e policías locales.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad