|
noticiasgalicia.-
Os Concelleiros de Economía, Emprendemento e Autónomos,
Sonia Méndez, e de Servizos Xerais, Francisco Fraga, xunto
coa Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias da
provincia de Lugo, Beatriz Varela, presentaron hoxe un Obradoiro
gratuíto dirixido a emprendedores e traballadores desempregados
no que aprenderaán a elaborar un plan de empresa.
Sonia Méndez explicou que este curso, que xa tivo unha edición
anterior o ano pasado, enmárcase na estreita colaboración
que manteñen o CEI-Nodus e a Asociación de Empresarias para
asesorar ós emprendedores que queren poñer en marcha en
Lugo novas iniciativas empresariais. Tamén informou de que,
no que vai de ano o CEI leva facilitado asesoramento a máis
de 300 proxectos que deron lugar á creación de 54 empresas
en Lugo.
Pola súa parte, Francisco Fraga salientou a importancia
deste tipo de programas que axudan a buscar saídas a través
do autoemprego nesta época na que hai tantas dificultades
para atopar traballo. Beatriz Varela indicou que antes de
poñer en marcha unha iniciativa empresarial é imprescindible
contar cun plan de empresa, xa que se trata da ferramente
que garante a viabilidade económica de calquer idea e ademais
é unha exixencia á hora de solicitar un crédito ou unha
subvención coa que conquerir o financiamento necesario para
botar andar un negocio.
A Presidenta das Empresarias tamén informou que a primeira
edición deste curso foi moi exitosa, xa que participaron
nel 15 persoas, sairon 6 proxectos viables dos que tres
xa están en marcha e un deles, de elaboración de cerveza
artesanal, está implantado no CEI.
Ademais, a aprendizaxe de cómo se fai un plan de empresa
contribui a evitar o fracaso de dúas iniciativas, xa que
dous dos participantes puideron comprobar que non calcularan
correctamente os custes da posta en marcha dos negocios
que pretendían montar. O Obradoiro "¿Tes unha idea e queres
saber se é viable?" terá lugar no CEI-Nodus a partir do
luns, día 10, e ata o día 21, en horario de 10 a 13 horas.
As inscripcións pódense facer chamando ó teléfono 982 226991
ou a través do correo electrónico empresariaslugo@gmail.com.
|