LUGO
El Tiempo

O PPdeG afirma que os incumprimentos do bipartito na Mariña están a reducir as posibilidades de crecemento da comarca

noticiasgalicia.- O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do presidente provincial en Lugo, Xosé Manuel Barreiro, e dos deputados, alcaldes e portavoces populares na Mariña, lembrou os incumprimentos que ainda mantén o goberno bipartitito coa comarca lucense. Neste sentido os populares destacaron que este "olvido" está a reducir as posibilidades de crecemento dunha das comarcas con maior proxección de Galicia. "En tres anos, socialistas e nacionalistas reducrion os cartos adicados a cada mariñés en 149 euros", afirmou Feijóo. Quince concellos da Mariña lucense danse cita en Ribadeo para seguir coa campaña "Galicia en Voz Alta", trala sú a visita ao concello de Betanzos e antes de viaxar ata Valdeorras.

puntualizou que as reiteradas negativas do Goberno galego para comprometerse a impulsar un plan de medidas urgentes contra a crise do sector pesqueiro afectan de xeito especial na Mariña, cunha das frotas máis importantes de Galicia. Incremento do 100% do prezo do gasoleo, baixado do prezo do peixe, poñen en seria dificultade a viabilidade dun sector clave para a Mariña, e supuso quepor primeira vez na Historia, todos os sectores da pesca ­altura, baixura, armadores ...

Feijóo puxo de manifesto o deterioro sanitario na zona. O PP lembrou que, tanto o PSOE como o BNG, incluiron nos seus programas electorais a ampliación do Hospital da Costa, un edificio que na actualidade ten un deficit estructural que impide que mellore a calidade asistencial. A día de hoxe, -engadiu- Sanidade non investiu nin un só euro en obras de mellora, mentres que a sua ampliación quedouse nunha simple promesa electoral. Este abandono por parte da administración supón ademáis que oito especialidades médicas do Hospital da Costa superen amplamente a lista de espera media en Galicia.

En canto ás infraestructuras xa comprometidas na Mariña o PP destacou que os orzamentos do 2008 reduciron en máis dun 90% os investimentos para o corredor Barreiros-Ferrol, unha obra que contaba inicialmente cunha previsión de 37 millóns de euros ata chegar os 3,7 da actualidade.

Impedimento para a creación do xulgado de primeira instancia e instrucción na localidade de Ribadeo, tal e como reclaman todas as forzas políticas da bisbarra e demandan os seus veciños.

O actual Goberno galego mantén paralizada a apertura dos parques de bombeiros que segundo as previsións xa deberían estar en funcionamento a día de hoxe. No caso do que está situado en Barreiros, disponse xa da infraestrutura necesaria ­unha nave- para prestar este servizo, maila que a falta de aprobación do convenio por parte dalgúns dos gobernos municipais do bipartito, sumada a falta de cumprimento das distintas provisións de material e persoal que debería ter efectuadas a Xunta, obstaculiza esta posibilidade.


canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas

Si desea incluir información, (fotos, documentos, web...) envienosla a info@noticiasgalicia.com
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
. Optimizada para 1024 x 768 píxels
Aviso legal | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad