LUGO
El Tiempo
O BNG reclama un calendario claro con prazos e orzamentos para o saneamento

noticiasgalicia.- A concelleira do BNG Paz Abraira reclamou hoxe ao novo concelleiro da Zona Rural, Lino González-Dopeso, que asume o cargo logo da restruturación do Goberno municipal pola marcha de Francisco Fernández Liñares, que incremente os esforzos no saneamento rural para que os habitantes das 54 parroquias do concello de Lugo poidan contar cun servizo que é "básico" e que acumula un "considerable retraso".

Paz Abraira explicou que neste momento tan só 3 dos 318 núcleos do Concello (Coeses, Castelo e Anguieiro-Paredes) dispoñen saneamento grazas ao plan posto en marcha polo BNG no Goberno municipal de coalición de 1999 ao 2003 e financiado con fondos europeos e denunciou a "lentitude" coa que se está executando o convenio asinado no ano 2006 coa Consellería de Medio Ambiente para dar continuidade a este proceso ata o ano 2010.

A representante do BNG explicou que dos 22 núcleos previstos para estes catro anos tan só se van a sanear sete: os de Bosende e Piugos (en obras) e os de Meilán, Adai, Orbazai e Tirimol, Pías (en fase de redacción de proxecto). A concelleira do Bloque aclároulle ao novo concelleiro da Zona Rural que "ao ritmo actual os veciños da zona rural seguirán por moitos anos sen saneamento nin abastecemento". Así, Paz Abraira indicou que o convenio asinado no ano 2006 coa Consellería de Medio Ambiente para o saneamento da zona rural do concello de Lugo "debe ser acelerado² porque ³ao ritmo que se marca nese acordo tardaránse máis de 50 anos en levar saneamento a todas as parroquias".

Paz Abraira opina que, tal como está asinado, este convenio ten un carácter limitado posto que só beneficia a uns 1.500 veciños, os habitantes dos 22 núcleos incluídos, que representan en torno ao 15% dos habitantes da zona rural do concello de Lugo e que "o saneamento é un servizo ao que teñen dereito todos os veciños do rural". Segundo ese convenio, asinado hai dous anos, Xunta e Concello investirán 4,5 millóns de euros no periodo 2006-2010 para levar saneamento a 22 núcleos rurais, o que leva á concelleira nacionalista a facer a seguinte reflexión: "se no concello de Lugo hai 318 núcleos sen saneamento e en catro anos vanse sanear 22, facendo unha simple regla de tres danos que a este ritmo tardaremos 57,8 anos en rematar o saneamento".


canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas

Si desea incluir información, (fotos, documentos, web...) envienosla a info@noticiasgalicia.com
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
. Optimizada para 1024 x 768 píxels
Aviso legal | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad