banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

Antón Bao recibiu aos participantes no VI encontro Luso-Galaico

 

noticiasgalicia.- O Tenente-alcalde, o nacionalista Antón Bao, recibiu este venres a preto dun cento de docentes e alumnos participantes no VI encontro Sociocultural Luso-Galaico que na xornada visitaron a cidade de Lugo. Na edición deste ano do encontro Luso-Galaico participan a Escola Secundária Fernão de Magalhães de Chaves e o IES Xesús Taboada Chivite de Verín. Antón Bao agradeceu o feito de que, neste ano, "os organizadores tiveran o ánimo de achegarse a coñecer a cidade de Lugo".

Bao engadiu que "Lugo é referente no que foi o pasado romano peninsular e gustamos de que os nosos veciños de Chaves, que conservan unha fermosa ponte romana, poidan tamén coñecer a nosa muralla e a nosa Ponte que recuperará en breve o seu mellor aspecto". Bao aproveitou para lembrarlles aos rapaces, nesta semana das letras galegas, a importancia de conservar e mimar o noso idioma xa que "é unha importantísima ferramenta para abrirnos cara os países lusófonos".

Ademais da recepción no concello os compoñente da expedición Luso-Galaica percorreron, durante a xornada, o adarve da muralla e visitaron o Museo Provincial e o Centro de Interpretación da Muralla. Segundo relataron os organizadores do encontro "tamén fixemos un percorrido polo casco histórico prestando especial atención á Catedral, Piscina Romana, Círculo das Artes, Concello, Praza de Santo Domingo, Pazo da Deputación, Igrexa de San Pedro e Praza do Campo coa súa Fonte de San Vicente".

Despois de almorzar ao carón do Miño navegaron no catamarán que sae dende Os Robles para voltar despois cara Verín e Chaves. Estes encontros Luso-Galaico nacen ao comezo do curso escolar 2006/07, cando o Equipo de Normalización Lingüística e a dirección do centro do "IES Xesús Taboada Chivite" de Verín, consideraron que dada a súa situación xeográfica, sería imprescindible programar unha actividade conxunta cos veciños de Chaves, xa que ata ese momento e a pesares de estar tan preto, a distancia era enorme se nos referimos a actos escolares mancomunados.

O obxectivo básico é facilitar aos rapaces o coñecemento e valoración das culturas e tradicións a través dunha experiencia intercultural. Tamén se pretende, con estes encontros, inculcar na mocidade a idea de que as linguas son unha forma de comunicación entre os pobos, que unen culturas e sustentan tradicións.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Publicidad & noticiasdegalicia S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad