Sobre
conciencia (política) ecolóxica Xesús
López Fernández
Aínda este pasado sábado reparei nun
par de carballos que xa mostraban a chegada da outonada,
como se o verán atípico que nos tocou vivir estivese xa
medio rendido. Estas árbores, coa color cambiante da súa
follaxe, cando fan bosco, cambian os rexistros da nosa
paisaxe e, coa caída das follas e a súa degradación, coa
caída tamén das landras, preparan un chan que se enche
de vida, un ecosistema rico en invertebrados de moitas
familias que van colaborar na formación do humus ó longo
do inverno. Pero a cousa non é tan simple e outros animaliños:
paxaros, esquíos, incluso porcos, deben formar parte do
ecosistema global do carballo, que ó longo da súa vida
vai ser parasitado por outras prantas: musgo, fentos;
tamén o visgo pode darlle un certo porte de árbore sagrada.
E cando co tempo entra no seu declive, en función do bicherío
que nel busca acobillo ou mantenza, os naturistas poden
estima-lo tempo que lles queda de vida. Pero ésta sigue
e outras árbores irán xa medradas cando tal aconteza.
Malo se o home non aposta pola conservación do bosco vivo.
Como estamos en tempo preelectoral e os diversos partidos
van vir con novas promesas de que esta vez sí van xogar
forte polo medio ambiente, quero facer unha serie de consideraciós,
recoller mais ben algunhas das opiniós dun universalmente
conocido ambientalista, Joaquín Araújo, escéptico en relación
coas políticas aquí practicadas, causa principal das súas
dimisiós de numersos cargos, según el explica nunha web,
por non compromete-la súa conciencia. Pero o seu ecoloxismo
ven da primeira edade, que xa ós dez anos anotaba en blocs
apuntes tomados da natureza. A súa vocación estaba definida,
apoiada ademáis en longas estancias no campo. Esos son
os alicerces do seu inxente traballo na transmisión de
conocementos e iniciativas en relación co medio ambiente
e a natureza. Películas, series de televisión, máis de
sesenta libros, director de revistas, fundador de boscos,
editor, fotógrafo, operador de vídeo, ten colaborado tamén
con Félix Rodríguez de la Fuente, e sido en moitos casos
o principal nexo de unión antre os españoles e o seu entorno.
Di Araújo que o pensamento ecolóxico é unha crítica ó
sistema, claramente alternativo, e prantexa cuestiós moi
desafiantes, incluso cambios de actitude psicolóxicas
no modelo económico; que tamén é unha demanda de novedades
certas no tapiz da historia, polo que queda claro que
incita á rebelión contra o establecido. Define a España
como país tépedo nese sentido, polo que os temas da natureza
en tódo-las súas variantes apenas teñen cabida no noso
sistema político. Distinto é o caso de Francia, con 4
ou 5 veces máis interese que o noso país; ou en Alemania,
10 ou 12 veces máis; que a decisión de practicar unha
política ecoloxista en Inglaterra supera en vinte veces
á das nosas autoridades, porque aquí falta xenerosidade
á hora de mira-lo mundo que nos circunda de xeito máis
humán, amable, próximo. Parece que non quixeramos entende-la
natureza. Nen facer películas e producción cultural relacionada
con ela como un xénero destinado non só ás minorías.
Sigue decindo Araújo: "Teño a sorte de vivir nun
lugar pouco habitado, no que se encharcan os ollos esculcando
a paisaxe na que podes oí-los concertos dos paxaros sen
contaminación acústica e si todo eso ocurre coa mellor
luz do solpor, daquela non hai nada mellor no mundo".
Insiste en que non hai coherencia política á hora de trata-lo
tema do medio ambiente nos programas das elecciós; que
a mitade das cousas que fan os departamentos de Ecoloxía
das administraciós [dinamitado o Ministerio] van contra
a natureza, que mesmo as consellerías de Medio Ambiente
pensan máis na construcción de estradas que en traballar
na conservación paisaxística e da biodiversidade. I eso
dá que pensar. Sabémolo ben. E prós nosos gobernantes
parece cincelada a frase de que a natureza, que quere
dar paso ó Outono, debe ser garantía de suministros básicos;
nunca arrasada.
02/09/08
|