banner   p   rotulosgalicia
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasgalicia  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

Tras máis de 10 anos, a televisión de Galicia non contará con meteorólogos propios

 

noticiasgalicia.- Por iniciativa da CRTVG decídese modificar o convenio anual que cada ano se renovaba coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co propósito de achegar ós galegos a información meteorolóxica de primeira man. Ata o de agora, a CRTVG contaba con profesionais cualificados traballando diaria e exclusivamente na cadea.

Dentro das súas atribucións destacaban, xunto coa elaboración e presentación da previsión meteorolóxica nos distintos espazos da cadea, o proceso de control, vixiancia e alerta inmediata ós servizos informativos daqueles fenómenos meteorolóxicos de especial relevancia para a sociedade galega, ademais de asesorar ós redactores da TVG na elaboración de novas relacionadas co tempo. Deste xeito a información de MeteoGalicia víase completada, ó tempo que se axustaba ás necesidades específicas da televisión pública galega.

Motivos de aforro económico
A CRTVG esgrime por unha banda motivos económicos e por outra a internalización do servizo para non renovar o actual convenio e asinar un novo no que se modifican substancialmente as condicións de colaboración entre ambas institucións. A externalización do servizo segue existindo, porque a información seguirá chegando de MeteoGalicia a través doutro convenio; e o suposto aforro de cartos non existe, porque só o pago do soldo base dos novos presentadores supera a cantidade do anterior convenio. Neste punto compre comentar que hai uns 3 meses, os actuais presentadores de O Tempo tras solicitar sen éxito, a interlocución coa dirección da TVG para regularizar a súa situación laboral, iniciaron o proceso legal de demanda de recoñecemento dos seus dereitos, que deberían ser equiparables ós do resto do persoal da CRTVG

Coñecementos en meteoroloxía
A dirección da Compañía pretende que, tras 15 días de formación "expréss", os xornalistas escollidos continúen a achegar ós galegos unha información meteorolóxica rigorosa, tan importante nun país que vive mirando ó ceo. Non cremos preciso lembrar que é moita a xente que segue a vivir do mar, do campo ou do turismo e para eles, unha información meteorolóxica precisa, é fundamental. Entendemos que estes feitos, ademais de ir na dirección contraria do resto das cadeas de televisión, racha co modelo maioritario nas televisións públicas no que, a responsabilidade técnica dun contido tan específico recae en profesionais da meteoroloxía, polo que supón un paso atrás na historia de avance e mellora continua da cadea a prol da calidade do servizo público ofertado á sociedade galega.

OS METEORÓLOGOS DA TVG

 
 
síguenos también en Facebook
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad