banner   p   rotulosgalicia
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasgalicia  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

O BNG esixe que o Goberno galego atenda ás afectadas na farude de próteses mamarias

 
noticiasgalicia.- A portavoz de Sanidade do BNG, Ana Luísa Bouza presentou , en rolda de prensa, unha Proposición non de lei pola que insta ao Goberno galego a emprender medidas contra a fraude das próteses mamarias procedentes de Francia fabricadas cun material industrial, "non apto para o seu uso médico".

Bouza afirmou que o Goberno galego debe actuar "sen dilación" ante o que considerou "unha crise de saúde" provocada polos implantes de PIP denunciados polo Goberno francés pola súa perigosidade. A parlamentaria explicou que, as próteses autorizadas por Sanidade para seren utilizadas nas reconstrucións, tras unha mastectomía e operacións de estética, foron utilizadas no Estado español e Galiza descoñecéndose o número exacto de mulleres afectadas aínda que os últimos datos xa falan de 35.000.

Sanidade no se pronunciou
A conselleira de Sanidade en Galiza, engadiu, "non se ten definido sobre a súa actuación neste grupo de mulleres" por iso, dende o BNG, consideramos que era "urxente presentar unha iniciativa² ao fin de ofrecer unha información transparente sobre esta cuestión así como emprender medidas para atender as mulleres afectadas. Bouza considerou que o Goberno galego debe utilizar aos medios de comunicación pública para "cortar a alarma² creada por esta fraude e informar, a maiores, "das alternativas".

Falta de información

Ante a falta de información de moitas das mulleres intervidas sobre o tipo de prótese que se lles implantou, a parlamentaria reclamou que o Goberno galego posibilite "unha exploración dende a Sanidade Pública" de todas aquelas mulleres que o soliciten, sen "distingos", ben como consecuencia dunha mastectomía, ben por razóns estéticas, porque ­na súa opinión- "a administración galega é responsable de autorizar as próteses fraudulentas".

Retirada de próteses a cargo da Seguridade Social

A nacionalista avanzou que o BNG defenderá a retirada das próteses e no seu caso a súa substitución a cargo da prestación sanitaria pública debendo primar sempre o criterio médico e clínico fronte ao moral ou economicista, tanto para as intervencións por un cancro de mama ou estética, dixo, ou as realizadas na Sanidade pública ou privada.

Esta actuación suporía as substitucións de próteses a cargo da Sanidade pública, polo que aconsellou que se abra unha liña para que o custo das intervencións recaían nos "terceiros obrigados ao pago e fundamentalmente na empresa que produciu o fraude". Finalmente, a nacionalista anunciou que a Fiscalía de Valencia iniciou accións contra os responsables desta fraude e animou as administración galega e do Estado a sumarse a iniciativa no ámbito xudicial.
 
 
 
síguenos también en Facebook
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad