Os galegos brillan na Copa de Europa de Taekwondo

noticiasgalicia.- José Fernández -que competíu acompañado do manchego Vicente Muriel (-58), o canario Nicolás García (-80) e o vasco Mikel Bernal (+80)- demostrou como a súa xuventude (18 anos) non é un obstáculo para brillar na competición internacional. José acadou o título de subcampión de Europa por equipos en Turquía. O representante galego, que competíu en -68 Kilos, tivo que desfacerse en primeira rolda do representante polaco (4-0), para logo superar ó forte equipo alemán (3-1), ó equipo de Georgia (2-2) e a Bielorrusia (4-0). A victoria sobre o equipo francés, pragado de figuras, permitíu ó combinado español chegar á final contra os anfitrións turcos, favorecidos pola presión ambiental que xeran habitualmente cando xogan en casa.

Pola súa banda as deportistas Belén Asensio e Fani Hernández, acompañadas da madrileña Sandra Lorenzo (-67) e a catalana Elena Gómez (+67), que participaron este fin de semana na Copa de Europa de Taekwondo por equipos celebrada en Konya, Turquía, acadaron o terceiro posto na categoría feminina por detrás de Turquía e Rusia. Belén e Fani, que competían en -49 e -57 Kilos respectivamente, conseguiron superar en primeira rolda ás representantes de Francia (3 combates gañados por 1 perdido) para desfacerse con claridade das austríacas (4 -0) na segunda rolda. En terceira rolda desfixéronse das competidoras ucraínas (3-1) para, nas semifinais o cruce coa selección turca pechou o paso das galegas á final, xa que gañaron dous combates e perderon outros dous contra as anfitrionas, quedando apeadas polo cómputo total de puntos acadados.

A participación dos convocados galegos, que adestran no CGTD de Pontevedra, nesta Copa de Europa sáldase co segundo posto por equipos na categoría masculina acadado por José Fernández Rei e os terceiros postos de Belén Asensio e Fani Hernández na categoría feminina. No cómputo xeral a Selección Española proclamouse subcampiona da Copa de Europa. Jesús Benito, técnico que se encarga da preparación dos deportistas no CGTD e que se desprazou como responsable do equipo a Konya amosou a súa satisfacción tanto pola actuación dos deportistas como polo posto acadado, xa que o equipo desprazado está composto na súa meirande parte por deportistas moi novos e que se empezan a incorporar á competición internacional de alto nivel.


canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad