|
noticiasgalicia.-
A web culturavai.info pon a disposición dos internautas
unha completa axenda de programación cultural organizada pola
Consellería de Cultura, ben sexa en solitario ou en colaboración
con concellos, asociacións culturais ou veciñais ou con salas
privadas de espectáculos.
Nesta páxina pódese consultar a programación do Centro Dramático
Galego, do Centro Coreográfico Galego, de Cinemas Dixitais,
da Rede Galega de Música ao Vivo, da Rede Galega de Salas,
da Rede Galega de Teatros e Auditorios e de Danza 3, e en
xeral todas as programacións de artes escénicas, música e
cine da Consellería.
Esta axenda cultural permite seleccionar as consultas por
localidade, data e tipo de espectáculo. Con Cultura Vai a
Consellaría quere facer máis fácil o acceso dos galegos e
galegas á programación cultural que se desenvolve ao longo
de todo ano en Galicia.
|