O disco
SÓS de Mercedes Peón elixido o quinto mellor do mundo pola
prestixosa World Music Charts Europe
|
|
|
 |
noticiasgalicia.-
A Coruña, 4 de xaneiro de 2012.- O disco SÓS, da artista galega
Mercedes Peón, foi elexido como o quinto mellor do mundo dentro
de xénero da música étnica.
Tras estar dous meses consecutivos como número 1 da lista,
Mercedes Peón finalizou o 2011 no quinto posto da prestixiosa
lista World Music Charts Europe. A World Music Charts Europe
é a lista de referencia mundial no xénero da World Music ou
música étnica. Un xurado composto de 45 críticos de máis de
23 países europeos selecciona cada ano os mellores discos
deste xénero musical.
Unha exitosa xira internacional
Mercedes Peón remata así o ano 2011, tras unha exitosa xira
internacional con máis de vinte cinco concertos como embaixadora
de Galicia por España, Francia, Bélxica, Portugal, Holanda,
Alemania, Gran Bretaña, Austria, Suecia, etc.
Unha boa mostra do éxito acadado pola artista galega son algunhas
das críticas publicadas ao longo do ano por algúns dos máis
importantes medios de comunicación europeos:
"Ten a audacia estética de Björk, a profundidade emocional
de Pj Harvey, máis ritmos que Fatboy Slim e un metal de voz
privilexado á altura de Camarón de la Isla. (...) ¿Electrónica
para escoitar?". El Mundo (España)
"Producido e mixturado por ela mesma, "SÓS" é unha sofisticada
mezcla electro-acústica, ancestral, vanguardista e feminina.
Simplemente, única." Mondomix (Francia)
"Mercedes Peón é unha das artistas máis autenticamente orxinais
da escena musical española". The Guardian (Reino Unido)
"Mercedes Peón confirma a sua posición na Vangarda da
escena musical española e Europea". Songlines
Neste ano 2012 a artista galega comeza a súa xira Internacional
en Estambul e continúa camiño por Bélxica onde lle espera
unha xira de 10 concertos durante o mes de marzo.
SÓS, un disco á vez ancestral e vanguardista
SÓS un disco cheo de humor, de ambientes electroacústicos.
Un título poliédrico que suxire todo o álbum" Š---Š",
código morse, s.o.s., "solos" en español, "es"
en arxentino, título sonoro universal e mecanizado. Transita
por lugares da súa última xira internacional: Marrocos, Sao
Paulo, Suecia etc. influencias arquitectónicas, sorpresas
e impactos, ruídos da rúa, autocrítica, feminista, estrito,
intuitivo, espazos abertos ao libre albedrío, e sobre todo
cheo de humor. SÓS música de vangarda. Un disco catalogado
como maduro, fresco, sorprendente, creativo. Inxeniosa e profundamente
conceptual. Creado, tocado, producido e mesturado pola propia
artista. Š---Š , é un exercicio de microcomposición, onde
o resultado final, maior que as partes que o conforman, erísexe
como o traballo máis vangardista e contemporáneo dos editados
ata o momento.
|
| |
|
|
|
|
|
|
|