banner   p   rotulosgalicia
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasgalicia  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

O CPXG expresa a súa fonda preocupación polo futuro dos medios públicos

 
noticiasgalicia.- O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), por mandato da súa XI asemblea, expresa a súa fonda preocupación polo futuro dos medios públicos, ante propostas que se están barallando no debate público como a privatización das televisións autonómicas ou os recortes orzamentarios na RTVE.

O CPXG entende que os medios públicos teñen unha función social e mesmo democrático na que deben contribuír a garantir o dereito dos cidadáns a recibiren unha información plural, veraz e independente, allea a condicionantes económicos ou de grupos de presión.

O Colexio fai un especial chamamento á defensa da CRTVG como medio público e galego, que ten nestas características a súa razón de ser: o uso e defensa da lingua e cultura propias do país. Calquera desviación deste enfoque fundacional cuestiona a esencia da CRTVG. A compañía ten ademais unha función económica como elemento dinamizador do sector audiovisual e de creación de postos de traballo.

E é percibida polos cidadáns como a súa radio e a súa televisión. Para o Colexio de Xornalistas, a mellor achega a estes obxectivos que pode facer o Consello de Administración da CRTVG é a profesionalización dos seus membros e a súa implicación na defensa duns medios públicos, galegos e de calidade. O CPXG celebrou hoxe a súa XI Asemblea na Faculdade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.
 
 
 
síguenos también en Facebook
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Publicidad & noticiasdegalicia S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad