|
El
PPdeG pide que se fiscalicen los gastos de Cultura
en Cuba
noticiasgalicia.-
Entre a mañá do venres 28 e a mañá do luns 31
de marzo -entre os que só mediou un día hábil-,
o Sergas borrou da lista de espera para consultas
externas un total de 13.055 enfermos, ao pasar
de 219.042 a 205.987 pacientes, segundo desvelou
este mediodía o portavoz de Sanidade do Grupo
Popular, Miguel Santalices, nunha rolda de prensa
na que amosou evidencias documentais que acreditan
esa anomalía.
Ante a contundencia das evidencias documentais,
Santalices esixiu á conselleira de Sanidade que
explique se a práctica empregada na anterior entrega
das listas de espera se converteu nun truco habitual
dese departamento autonómico, tendo en conta que
os datos oficiais distan moito de reflectir a
situación real que se percibe entre os usuarios
da sanidade pública.
De feito, mentres a Xunta mantén un discurso triunfalista,
baseado nas hipotéticas reducións sucesivas da
lista de espera, o recente barómetro sanitario
publicado polo Ministerio do ramo pon de manifesto
que Galicia é, só superada por Canarias, a segunda
Comunidade Autónoma con maior descontento respecto
ao funcionamento da sanidade pública. Para a elaboración
dese traballo valoráronse aspectos como o funcionamento
da atención primaria, a asistencia especializada,
as urxencias e as listas de espera. O 60% dos
enquisados percibían un estancamento na redución
das listas de espera e unha mala xestión da sanidade
pública.
|