O BNG alerta do incremento de parados de longa duración en Galicia

 
noticiasgalicia.- O portavoz de política laboral do grupo parlamentar do BNG, Henrique Viéitez valorou os datos publicados sobre o desemprego en Galiza e cualificou de "nulas e ineficaces" as políticas deseñadas polo Partido popular destinadas a creación de emprego.

Asemade, Viéitez denunciou "a maquillaxe" dos datos do paro da Xunta de Galiza por non reflectir a cifra de 298.000 demandantes de emprego, tras dous anos en paro o que supón o incremento dun 23%, a respecto do ano pasado.

Para o deputado do BNG, os meses de verán sempre favorecen a creación de emprego, sobre todo no sector turístico, sen embargo, os datos rexistrados nos servizos públicos de emprego e publicados hoxe polo Ministerio de Traballo confirman o aumento de 1.582 persoas que perderon o emprego en Galiza no mes de agosto", un 0,71% máis que no mes de xullo.

O parlamentario do BNG tamén salienta que en termos interanuais, "Galiza crece en desemprego un 6,17% fronte ao 4,06 do resto do Estado español" rexistrando a cifra de 13.050 parados e paradas máis que no mes de agosto do ano pasado.
 
 
noticias
CORUÑA
noticias
SANTIAGO
noticias
FERROL
noticias
LUGO
noticias
OURENSE
noticias
PONTEVEDRA
noticias
VIGO
El tiempo
 





canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad