|
A
Axenda 21 Escolar en Galicia: outra oportunidade
perdida
noticiasgalicia-
A Axenda 21 Escolar (A21E) é un proceso que pretende
introducir o concepto de sostibilidade no ámbito
do ensino a través da ambientalización dos centros
educativos, e que persegue a sustentabilidade
ambiental, a equidade social e a paz. Na actualidade
esta iniciativa está a levarse a cabo con éxito
en moitos países, destacando, no estado español,
as iniciativas desenvolvidas en Euskadi e Cataluña
nos últimos anos.
No curso 2004-2005 púxose en marcha un proxecto
piloto que pretendía comezar coa implantación
de Axendas 21 Escolares en Galicia, impulsado
pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de
Galicia. No desenvolvemento do programa nos cursos
2004-2005 e 2005-2006 os 16 centros participantes
careceron de apoio e/ou asesoramento, traballando
e sacando adiante as distintas iniciativas relacionadas
unicamente co voluntarismo e convencemento dalgúns
profesores.
Coa chegada do novo goberno, logo de moito tempo
sen unha resposta clara da administración, gran
parte do profesorado agardaba a posta en marcha
de proxectos que posibilitaran o desenvolvemento
destas potencialidades e de accións que permitiran
aplicar realmente as propostas asociadas ás Axendas
21 Escolares no entorno dos centros educativos.
O curso 2006-2007 arranca coa proposta do Programa
de Axenda 21 Escolar en Galicia, promovido polas
Consellerías de Medio Ambiente e Desenvolvemento
Sostible e a Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, contando tamén, na súa fase inicial,
co asesoramento técnico da Sociedade Galega de
Educación Ambiental (SGEA). No curso que agora
remata (2007-2008), e con máis de 50 centros de
toda Galicia participando no programa, a SGEA
considera que, aínda valorando moi positivamente
a posta en marcha dun programa como o das Axendas
21 Escolares, son moitos os déficits e carencias
desta iniciativa
|