Éxito
na convocatoria de xornalistas en Compostela contra a devastación
da profesión
|
|
|
 |
noticiasgalicia.- A
concentración convocada pola Asociación de Periodistas de
Santiago de Compostela no Día Mundial da Liberdade de Prensa
foi un éxito. Un nutrido grupo de socios, xornalistas e profesinais
dos medios, profesores e representantes da facultade de Ciencias
da Comunicación e alumnos de Xornalismo, entre outros participaron
na concentración de 5 minutos que se celebrou diante da facultade
de Ciencias da Comunicación baixo o lema 2Sen xornalistas
non hai xornalismo. Sen xornalismo non hai democracia2.
No acto, a voceira e membro da directiva da APSC, Carolina
Carballedo leu un manifesto conxunto contra a devastación
xeneralizada e a degradación que está sufrindo a profesión
xornalística en toda España, coa desaparición de preto de
6.000 postos de traballo nos últimos tempos.
A campaña foi moi secundada en máis de 50 localidades de toda
España e mesmo no estranxeiro, como Bruxelas, ondeo Luís Menéndez,
presidente da Asociación de Periodistas de Santiago a presentou
como delegado de Relacións Internacionais en nome de FAPE
nunha reunión de xornalistas europeos organizada pola Federación
Internacional de Xornalistas (FIP) O acto forma parte da campaña
que están a desenvolver por toda España as 61 asociacións
de profesionais do xornalismo adscritas á Federación de Asociacións
de Periodistas de España (FAPE), e que representa a 20.000
xornalistas en todo o estado.
|
| |
|
|
|
|
|
|
|