O PPdeG reclama rapidez de reflexos ao Sergas para evitar que os especialistas que non superaron a OPE teñan que abandonar a sanidade pública

noticiasgalicia.- O voceiro de Sanidade do Grupo Popular, Miguel Santalices, fai un chamamento aos responsables de persoal do Servizo Galego de Saúde para evitar que os médicos que non superaron a recente Oferta Pública de Emprego (OPE) podan continuar traballando na rede sanitaria pública. Santalices Vieira desvela que o número de médicos que tiveron que abandonar as prazas nas que viñeron traballando ata o de agora como consecuencia da culminación da OPE se eleva a varias decenas en Galicia, xa que ese postos están a ser cubertos por facultativos que superaron o proceso selectivo. Tan só no Hospital Juan Canalejo da Coruña atópanse nesa situación entre 8 e 10 médicos de especialidades como medicina interna, cirurxía, inmunoloxía ou análisis clínicos.

A xuízo do deputado popular, as crecentes dificultades para atopar persoal facultativo no mercado debería levar aos responsables da Administración sanitaria galega a articular unha solución inmediata para manter a vinculación laboral destes profesionais co Sergas, posto que boa parte deles poderían optar de inmediato por incorporarse á sanidade privada ou aceptar os contratos que lles ofrecen outras Comunidades Autónomas. Nun contexto de elevadas listas de espera ­arredor de 300.000 persoas para consultas e sobre 60.000 para intervencións cirúrxicas- e de necesidade de profesionais para efectuar o relevo xeracional que se aveciña, non se entendería que o Sergas deixe que causen baixa na súa nómina de persoal médicos novos e de elevada cualificación profesional.

Santalices Vieira tamén cuestiona que a Consellería de Sanidade faga coincidir no mesmo período de tempo a toma de posesión dos facultativos que obtiveron praza na OPE, o concurso de traslados (en función das circunstancias persoais, os permisos por esta causa poden alongarse a preto de un mes) e as vacacións estivais. A coincidencia destes tres factores ­alerta o PPdeG- deixa baixo mínimos os cadros de persoal médico de algúns centros hospitalarios de Galicia.


canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad