O
portavoz socialista esixe o cese do conselleiro de Industria
pola parálise e as sospeitas nas que ten colocada a
súa administración
|
|
|
noticiasgalicia.-
O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia,
Abel Losada, ven de esixir o cese do Conselleiro de Industria,
Javier Guerra, "pola parálise e as sospeitas na que
ten colocada a súa Administración".
A opinión do portavoz socialista foi requirida polos medios
á raíz do anuncio do cese do subdirector do Igape, Carlos
Silva, detido na denominada Operación Campeón, pola súa
presunta implicación nun delito de fraude en subvención.
Sen embargo Losada considera que o titular de Industria
"debe marcharse porque a súa incapacidade á hora
de fomentar a reactivación da economía galega, á hora
de reactivar a produción industrial e á hora de favorecer
a creación de emprego", cualificando a xestión de
Guerra de ³nefasta².
O parlamentario socialista lembrou que o PSdeG-PSOE ven
denunciando irregularidades no Igape desde hai máis dun
ano. Desde que a Operación Campeón asomou, dixo, ³o Conselleiro
xa lles mentiu unha vez ós galegos, negando que o sr.
Silva fora un alto cargo, a pesares de que o acababa de
nomear responsable para as provincias de A Coruña e Lugo².
O Grupo Socialista anunciou que levará á Xunta de Portavoces
do vindeiro mércores, día 7, a solicitude de comparecencia
do Presidente da Xunta, para esixir explicacións a Núñez
Feijóo sobre a "grave, intolerable e escandalosa"
situación do Igape.
|
| |
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
noticias
CORUÑA
|
noticias
SANTIAGO
|
noticias
FERROL
|
|
|
|
|
|
noticias
LUGO
|
noticias
OURENSE
|
noticias
PONTEVEDRA
|
|
|
|
|
|
noticias
VIGO
|
El tiempo
|
|
|