CC OO denuncia que a Consellaría de Educación pretende reducir profesorado para o vindeiro curso e ameaza con mobilizacións

noticiasgalicia.- A Consellaría de Educación, a través da Inspección Educativa e do servizo de persoal, está facendo chegar aos centros información sobre a dotación do profesorado para o vindeiro curso. Segundo denuncia a Federación do Ensino de Comisións Obreiras (CC OO‹Ensino), o denominador común desta información é a redución de persoal respecto do pasado curso.

Segundo CC OO‹Ensino, a reducción do profesorado non se produce como consecuencia da reducción de grupos de alumnos, senón que a igual número de grupos ‹ou incluso incrementándose‹, "preténdese dotar p centro de menos persoal, algo inadmisible". Ao tempo, o sindicato denuncia que a decisión se adopte nun momento no que se está a cargar de máis traballo burocrático aos centros.

Repercusións desta decisión

A organización sindical explica que a redución de persoal afectará de diferentes maneiras os centros. Prexudicaría na atención á diversidade, á propia organización interna, á posibilidade de oferta de materias optativas "e mesmo na calidade do servizo educativo público", aseguran desde CC OO.

Posibles mobilizacións

CC OO‹Ensino lémbralle á Administración educativa que o Acordo de Secundaria do ano 1998 e o Acordo de cadros de persoal e horarios para o corpo de mestres asinado o 8 de xullo de 2007 "establecen unhas condicións que non poden ser alteradas de forma unilateral pola Consellaría de Educación".

Por este motivo, a Federación do Ensino comunícalle ao departamento educativo que "permaneceremos atentos ao cumprimento dos acordos". Así mesmo, os representantes sindicais advírtenlle á Consellaría que calquera incumprimento dos acordos "terá como consecuencia un inicio de curso 'quente', no que non descartamos mobilizar ao profesorado".


canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad