Carmen Gallego apela ao diálogo para solucionar a situación que atravesa o sector mexilloeiro

noticiasgalicia.- A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, apelou ao diálogo como vía para acadar unha solución á situación pola que atravesa actualmente o sector mexilloeiro galego. Así o manifestou a responsable da Administración pesqueira galega tras un encontro, celebrado esta mañá en Santiago de Compostela, con representantes dos conserveiros, dos cocedeiros e de parte dos produtores deste mitílido.

Gallego sinalou que a reunión de hoxe, na que tamén participou o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López Rodríguez, serviu para recoller o sentir de cada unha das partes. Ademais, destacou que o papel que pode desempeñar o seu departamento nesta situación é o de mediación e que dende a Consellería se seguirá traballando para buscar o achegamento entre as partes. De feito, aínda que considerou un erro que parte dos produtores convocados non acudisen á xuntanza de hoxe, a Conselleira expresou o seu convencemento de que nos vindeiros días se logrará sentar a todas as partes implicadas na mesa de diálogo ou, cando menos, dar comezo aos contactos bilaterais coas diferentes organizacións.

Ademais, a titular de Pesca sinalou que o obxectivo común compartido por todos os implicados na actividade mexilloeira é acadar un sector que xere un produto de calidade, capaz de fornecer un recurso axeitado á demanda do mercado durante todo o ano e que vexa repercutida esa calidade nun prezo xusto. Na súa opinión este argumento engloba a todos as partes e por esta razón, dende a Consellería vaise traballar para ³seguir buscando o achegamento de posturas², afirmou Gallego.


canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad