|
noticiasgalicia.-
A deputada autonómica por Ourense e portavoz
de Medio Ambiente do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego, Laura
Seara Sobrado, preguntará á Xunta de Galicia sobre o estado
do proxecto para incrementar a produción de castaña e de madeira
no concello ourensán de Vilardevós. No 2006 a consellería
de Medio Rural e concello de Vilardevós asinaron un acordo
para iniciar un proxecto co fin de incrementar a produción
de castaña e de madeira ao mesmo tempo que evitar os incendios
forestais.
Seara preguntará en comisión parlamentaria á Xunta de Galicia
en que estado de desenvolvemento se atopa dito proxecto. "O
obxectivo explica a deputada socialista- era concentrar terreos
nas parroquias de A Trave, Soutochao, Berrande e Tomonte,
onde hai soutos para plantar novos castiñeiros e incrementar
así a produción de castaña, produto por excelencia de Vilardevós".
"Deste xeito continúa Seara- o concello de Vilardevós
participaría nun proxecto piloto a través dunha fórmula xurídica
para usar diferentes parcelas e promover unha especie de alugueiro
de terras".
Pola súa banda, o alcalde de Vilardevós e deputado provincial,
José Luis Pérez García, sinala que "esta concentración
de terreos non é a habitual, ven a complementar o proceso
de recuperación dos sotos de castañas iniciado hai 20 anos".
Pide á consellería de Medio Rural que ³impulse a posta en
marcha deste proxecto canto antes" en canto "suporá
para Vilardevós unha importante fonte de riqueza".
|