|
noticasgalicia.-A
Cámara Oficial Mineira de Galicia, en colaboración coa Asociación
Galega de Pizarristas e a empresa IROSA, e co apoio da Consellería
de Innovación e Industria, reuníu na xornada do sábado 30
participantes na terceira edición de Mineira, Certame de Pintura
Rápida en Explotacións Mineiras de Galicia. A corporación
representativa do sector mineiro galego continúa a promover
manifestacións artísticas para achegarlle o sector e os espazos
mineiros ao conxunto da sociedade.
En edicións anteriores, a mina de San Fins (ano 2007), en
Lousame, e a de Endesa (ano 2006), nas Pontes de García Rodríguez,
foron os espazos escolleitos pola Cámara Oficial Mineira para
desenvolver o concurso. Nesta ocasión, o escenario artístico
e fonte de inspiración para os pintores é a canteira Juanita,
en Carballeda de Valdeorras (Ourense), propiedade da empresa
IROSA.
A explotación mineira, duns 150 km2 de dimensión, atópase
no Penedo do Xudio. A lousa do depósito, de cor grisácea,
data do Ordovícico Superior (hai 450 millóns de anos). O estilo,
a técnica e os materiais que empregan os participantes son
libres, e a temática das obras debe estar relacionada coa
contorna da mina.
|