|
noticiasgalicia.-
A Asociación Clúster da Xeotermia de Galicia (ACLUXEGA)
en colaboración co IGAPE, organiza en Lugo e Ourense unhas
Xornadas de Sensibilización sobre a Xeotermia, no marco
das súas iniciativas abertas de difusión. Un dos obxectivos
a desenvolver dentro do Plan Estratéxico de ACLUXEGA é o
de "potenciar o coñecemento da xeotermia", para
elo ACLUXEGA organiza a realización dunhas Xornadas de Sensibilización
sobre a Xeotermia, no marco das súas iniciativas abertas
de difusión. ACLUXEGA quere a través destas xornadas transmitir
que "a enerxía xeotérmica forma parte dos recursos
enerxéticos do noso país, pode ser nun futuro parte importante
da nosa subministración enerxética, como xa o é noutros
países de Europa, reduce as emisións de gases de efecto
invernadoiro e xera riqueza e emprego, polo que dende as
empresas que representa é responsable de transmitir á cidadanía
a importancia da utilización desta enerxía renovable".
A enerxía xeotérmica é a enerxía alternativa máis eficiente
actualmente.
Trátase dunha enerxía limpa e renovable que aproveita o
calor do subsolo para climatizar de forma ecolóxica. Presenta
importantes vantaxes respecto a outros sistemas de climatización
renovables, xa que é un dos poucos sistemas que permite
obter refrixeración, calefacción e auga quente sanitaria
coa mesma instalación. Pódese utilizar tanto en grandes
instalacións como en vivendas unifamiliares. Unha instalación
xeotérmica permite aforrar ata un 70% na factura enerxética
e permite reducir as emisións de CO?.
A xeotermia utilizase en numerosos países do centro de Europa
dende fai máis de 40 anos como principal fonte de enerxía.
En España a súa implantación está sendo máis lenta pero
hoxe en día existen numerosos edificios que xa contan con
esta forma de enerxía. Ademais, a normativa vixente en materia
de edificación está potenciando o uso da xeotermia. O Plan
de Enerxías Renovables (PANER) 2011-2020 compromete a España
cubrir o 20% da enerxía consumida a partir de fontes renovables
e o Código Técnico da Edificación en España indica que tódolos
edificios de nova construción e rehabilitación están obrigados
a cubrir parte das súas demandas de auga quente sanitaria
a partir de enerxías renovables, como é a enerxía xeotérmica.
O desenvolvemento da Xornada que terá lugar en Lugo e Ourense,
centrarase en catro aspectos de interese, iniciaranse coa
³presentación da xornada e de ACLUXEGA², outro aspecto sería
o coñecemento da xeotermia ³que é a xeotermia², ademais
de "usos da xeotermia en edificación² e ³casos prácticos².
A actividade finalizará cun coloquio. As xornadas están
dirixidas fundamentalmente a colectivos e persoas relacionados
directa e indirectamente no seu exercicio profesional coa
promoción, o deseño e/ou a instalación deste tipo de sistemas
enerxéticos.
|