|
|
 |
|
 |
 |
|
|
|
Termatalia
2010 servirá de marco para presentar e executar os proxectos
da recén creada AIE Termal de Galicia
|
noticiasgalicia.-
Os principales representantes públicos e privados do termalismo
en España e Portugal asistiron á primera reunión do comité asesor
de Termatalia 2010 para establecer as liñas de actuación da
que será xa a décima edición da Feira Internacional de Turismo
Termal, que terá lugar en Expourense entre o 15 e o 17 de outubro.
A Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presidiu esta
reunión, celebrada na sede da Confederación de Empresarios de
Galicia, en Santiago de Compostela. Carmen Pardo presentou aos
asistentes ó comité a recén creada Agrupación Empresarial Innovadora
Termal (AEI Termal), integrada por 57 entidades galegas que
naceu co obxectivo de "converter Galicia en destino termal
de excelencia" e indicou que "Termatalia é o marco
ideal para presentar e executar, ante profesionais de máis de
vintecinco países, algúns dos 56 proxectos que a AEI Termal
ten en carteira, sobre todo aqueles vencellados coa innovación
e a eficiencia enerxética".
Durante esta primeira reunión presentáronse os resultados obtidos
na última edición, que pechou as súas portas coa participación
de 31 países, máis de 15.000 visitantes (con 3.000 profesionais)
e que deu un salto cualitativo coa maior profesionalización
da Bolsa de Contratación Turística que contou con máis de 500
citas de negocios entre turoperadores e expositores. Adiantáronse
ademais algunhas novidades da décima edición como a presenza
de México como país convidado que desprazará ata a feira a un
nutrido grupo de empresarios do sector. Entre as accións profesionais
a levar a cabo nesta edición estableceuse a prioridade de seguir
traballando con turoperadores e axencias de viaxes dos mercados
de proximidade (Península Ibérica) e tamén daqueles aos que
se viaxa dende Galicia a través de voos de baixo custo, o que
facilitaría a chegada de turistas deses destinos. No que respecta
ás accións de negocio, destaca a misión de importadores de bens
de equipo, cofinanciada polo ICEX, de países como Alemaña, Rumanía,
Bulgaria, Colombia e México. Por outra parte, a Cámara de Comercio
e Industria de Ourense confirmou que organizará unha misión
comercial inversa con turoperadores de Rusia e Suíza. Durante
esta reunión acordouse ademais manter a estrutura organizativa
da feira.
Así, volverá celebrarse unha nova edición, a quinta, do Encontro
Internacional sobre Auga e Termalismo que estará dividido en
tres xornadas: Hidrología Médica, Turismo e Innovación e Encontro
de Cidades Termais. O Bar de Augas, o Área de Fisioterapia e
o Balneario volverán centrar a atención dos visitantes. Ademais
volverá porse en marcha a Bolsa de Emprego na que todas as empresas
presentes terán a oportunidade de presentar a súa oferta de
postos de traballo e contactar con aquelas persoas que, buscando
un emprego no sector (sexa específico ou ben relacionado con
algúns dos productos e servizos que este ofrece), deixen o seu
currículum. Esta primeira reunión serviu ademais para elixir
ó presidente do Comité Asesor de Termatalia 2010, que será un
ano máis o presidente da Asociación Nacional de Balnearios (ANBAL)
e do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), Miguel
Mirones.
Membros do Comité Asesor Termatalia 2010
Ademais da titular da Secretaría Xeral para o Turismo, principal
patrocinadora de Termatalia 2010, forman parte do Comité Asesor
varias Direccións Xerais dda Xunta de Galicia de ámbitos como
Sanidade, Traballo ou Industria. Tamén participa a administración
e as entidades empresariais provinciais e locais de Ourense
como anfitrionas deste evento. Contando co decidido apoio da
Asociación Europea de Balnearios (ESPA), colaboran con tamén
con Termatalia as principais asociacións sectoriais do turismo
de saúde en España a través da súa presenza no comité que organiza
as actividades profesionais a desenvolver en cada edición. Este
é o caso da Asociación Nacional de Balnearios (ANBAL), de Villas
Termales, de Vilas Termais de Galicia, de Balnearios de Galicia,
da Sociedade Galega de Talasoterapia (SOGAT), da Asociación
de Termas de Portugal, da Asociación Española de Amigos das
Termas, da Asociación de Termalismo de Andalucía, da Asociación
de Sumilleres de Galicia e da Asociación Gallega de Turismo
Rural.
Termatalia converteuse no punto de encontro da industria termal
e do turismo de saúde a nivel mundial e por elo, as principais
empresas del sector participan tamén en na súa organización.
Para reforzar o papel sanitario que xogan os balnearios, son
moitas as entidades relacionadas coa saúde e a hidroterapia
que participan na organización de Termatalia representadas pola
Sociedade Española de Hidroloxía Médica e o Colexio Oficial
de Fisioterapeutas de Galicia. As Universidades de Vigo (Facultade
de Empresariais e Turismo), de Santiago de Compostela (Facultade
de Medicina) e a Complutense (Escola Profesional de Hidroloxía
Médica e Hidroterapia) tamén forman parte deste comité.
|
|
canal
islas
atlánticas
|
canal
vinos
|
canal inmobiliario
|
canal
viajar
|
canal
empleo
|
canal
pueblos
|
canal
golf
|
canal
museos
|
canal
directorio
|
canal
empresas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|