|
noticiasgalicia.- O BNG de
Barbadás denuncia que no DOG do martes, 31 de xaneiro, o Concello de
Barbadás, gobernado polo PP, vende o autobús eléctrico mercado no ano
2009 en China por 26.000 ¤ (segundo o propio Freire Couto) en 16.700
¤. Este autobús era a promesa electoral do PP nas municipais do ano
2007 e que según eles ía servir para solucionar os problemas de transporte
no concello e poder trasladar aos veciños e veciñas das parroquias
á Valenzá e aos centros médicos.
Desde o BNG queremos lembrar que o único servizo que realizou este
autobús foi o paseo que se deron as concelleiras e concelleiros do
PP, acompañados por algúns familiares e amigos, e conducido polo propio
Freire Couto, por varias parroquias do concello. Naquela altura o BNG
xa denunciara o uso persoal e caciquil que Freire Couto facía dun vehículo
propiedade do concello, para facerse autobombo e faltando ás máis elementais
normas de cidadanía, democracia e civismo. Desde entón o autobús estivo
aparcado na propia casa de Freire Couto en Barbadás, e despois nun
baixo do concello. Agora, tres anos despois de que o BNG xa denunciara
que o autobús non ía servir para o cometido para o que fora comprado,
o tempo vén darnos a razón, e o concello decide polo á venda. A consecuencia
desta actitude de nepotismo é que o paseo realizado polos concelleiros
e alcalde do PP de Barbadás costou á cidadanía do concello 10.000 ¤,
no mellor dos casos.
|