OURENSE
El Tiempo

O escritor limiao Rafael Laso presentará este xoves día 25 de xuño a súa novela O Trasmundo de Antioquía no Liceo de Ourense

noticiasgalicia.-   O escritor limiao Rafael Laso presentará este xoves día 25 de xuño a súa novela O Trasmundo de Antioquía no Liceo de Ourense, que ten a súa sede no número 5 da rúa Lamas Carvajal. Durante o acto, que dará comezo ás 20:15 h o escritor achegará ao público esta novela ambientada na lagoa de Antela e as terras de Xinzo. A obra reabre a liña de narrativa galega retomada por edicións do Cumio recentemente e constitúe a terceira novela do seu autor. Agradecemos de antemán a difusión desta nova e adxuntamos, a seguir, máis información.

Máis información sobre a obra e o autor:
Rafael Laso naceu en Xinzo de Limia, pero mora en Vigo dende fai varios anos. É Enxeñeiro Técnico Industrial pola E.U.E.T.I de Vigo, cidade na que tamén desenvolve a súa actividade profesional no marco da empresa privada. A súa carreira de escritor comeza no 2005 coa publicación da obra infantil Por que Baldomero Quintáns? que resultou gañadora no certame Pura e Dora Vázquez convocado pola Deputación de Ourense. Ao ano seguinte, un relato seu resultou gañador do premio Manuel Oreste Rodríguez organizado polo Concello de Paradela. É tamén autor das novelas Memoria contra Alzheimer (Edicións Xerais de Galicia, 2008) e A vida que non é (Edicións Tambre).

O trasmundo de Antioquía é a súa terceira novela. En O trasmundo de Antioquía valéndose dunha íntima conxunción entre realidade e ficción, entre o histórico e o fabulado, Rafael emprega a narración legada por un avó ao seu neto para conducirnos polo fabuloso trasmundo da lagoa. Deste modo arranca unha viaxe chea de probas, perigos sobrenaturais e sobre todo historias, as cales entroncan con aquelas crenzas populares que sobreviven neste mundo e coa mitoloxía artúrica. Unha obra chea de imaxinación na que a esperanza e a crenza de que hai un lugar onde as historias que nos contaban de nenos nunca morren se convirten pouco a pouco no tema central e último do libro.

canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas

Si desea incluir información, (fotos, documentos, web...) envienosla a info@noticiasgalicia.com
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
. Optimizada para 1024 x 768 píxels
Aviso legal | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad