El Tiempo

Termatalia reúnese cos principais axentes do turismo de saúde da Arxentina

noticiasgalicia.- Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, xunto á Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, veñen de rematar unha intensa campaña de promoción da décima edición da feira na Arxentina onde mantiveron reunións de traballo cos principais axentes institucionais e empresariais turísticos do país, entre os que destaca a entrevista mantida co ministro de Turismo, Carlos Enrique Meyer. Durante a súa estancia en Bos Aires, Termatalia participou ademais no 2º Simposio de Turismo de Saúde, Spa e Termalismo no que presentou as novidades da vindeira edición que terá lugar en Expourense entre o 15 e o 17 de outubro. A delegación de Termatalia e a Secretaria Xeral para o Turismo foron recibidas polo ministro de Turismo da República Arxentina, Carlos Enrique Meyer, quen coñece moi ben a feira xa que no seu anterior papel de Secretario de Turismo apoiou durante varias edicións a participación deste país en Termatalia a través de IMPROTUR (Instituto de Promoción Turística).

2º Simposio de Turismo de Saúde, Spa e Termalismo

Seguindo a campaña de promoción en América Latina, Termatalia ven de participar no 2º Simposio de Turismo de Saúde, Spa e Termalismo, organizado pola Federación de Empresarios de Hotelería e Gastronomía da República Arxentina, FEHGRA, o principal socio de Termatalia neste país. Celebrado en Bos Aires, contou coa presenza de profesionais procedentes da Arxentina, México, Brasil, Perú e España. O director de Termatalia, cita convertida xa no centro de negocios internacional do turismo de saúde e da industria termal, presentou neste simposio as novidades da décima edición e destacou o aumento da presenza de empresarios e profesionais latinoamericanos destos sectores nela, xa que este evento está considerado coma ponte de conexión termal entre o novo continente e Europa. A Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, tamén participou como relatora neste encontro no que presentou a oferta en turismo de saúde de Galicia, unha das rexións máis ricas de Europa en canto a capital termal, e as actuacións que está executando o goberno galego neste sector. A delegada de Termatalia en A Arxentina e experta en turismo de saúde en América Latina, Teresita Van Strate, foi outra das relatores deste Congreso e disertou sobre as novas tendencias en circuítos hídricos.

Reunioóns cos axentes do sector

Termatalia aproveitou a súa participación neste foro para manter encontros cos directivos de FEHGRA, a principal asociación de hoteleiros do país (máis de 60.000 membros) coa que a feira mantén diversos acordos de colaboración. Así, reuníronse co presidente de FEHGRA, Óscar Ghezzi, e o seu vicepresidente, Alberto Ravalli. Este último é ademais presidente da comisión de formación desta federación que é o que lidera o desenvolvemento do turismo de saúde no país a través das filiais que FEHGRA ten nas distintas provincias termais.

Nesta serie de encontros cos principais axentes do sector, a delegación de Termatalia, acompañada pola Secretaria Xeral para o Turismo, reuniuse con membros da Cámara Arxentina de Turismo (CAT), entidade da que tamén forma parte FEHGRA. Durante a súa presenza neste congreso, Termatalia mantivo encontros co asesor de CAT, Héctor Enrique Vega; con representantes da Asociación de Empresarios de Termas de Río Hondo, o principal destino termal do país; co da Asociación de Empresarios Hoteleiro-Gastronómicos de Paraná, localidade ubicada na provincia de Entre Ríos, outra das provincias termais máis importantes e coa empresa de cosmética termal Nelly Ross, habitual expositora da feira. Tamén se celebraron encontros co presidente da Asociación Arxentina de Empresas de Viaxes e Turismo, Ricardo Roza, o co director de desenvolvemento de filiais da Asociación de Hoteles de Turismo da República Arxentina, Ricardo Muiño. A Arxentina estará un ano máis representada en Termatalia 2010.

canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas

Si desea incluir información, (fotos, documentos, web...) envienosla a info@noticiasgalicia.com
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
. Optimizada para 1024 x 768 píxels
Aviso legal | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad