banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

A Plataforma Rios Limpos considera insultante a repetición continua dos verquidos, a desleixo que se produce por parte das distintas Administracións Públicas con competencias na conservación, vixilancia e custodia dos ecosistemas fluviais

 

noticiasgalicia.- O Río Barbaña hoxe é un canle fluvial biolóxicamente morto debido aos constantes verquidos de todo tipo de substancias por parte de industrias, obras de construción, particulares...situación inexplicable e inxustificable nun país da Unión Europea, inxustificable polo incumprimento reiterativo de toda a lexislación que hai ao respecto. Inxustificable tamén nos resulta a actitude das Administracións Públicas que miran para outro lado en vez de rematar cos verquidos e a impunidade con que actúan os culpables, lembramos que hoxe hai medios materiais, técnicos e humanos para detectar os verquidos e tamén para eliminalos e evitalos.

Despois do investimento de diñeiro público no "sistema de control de verquidos" por parte da Deputación de Ourense (sistema presentado o pasado 23-02-2012), Rios Limpos imaxina que a institución provincial xa mandaría os resultados da súa análise e a detección dos últimos verquidos á Fiscalía, a Confederación Hidrográfica, ao xulgado...para rematar coa impunidade dos delincuentes medio ambientais. Os verquidos ao Barbaña dos últimos días (verquido o 26-02-2012, verquido continuado dende o 17 ao 19 de xaneiro de 2012) catro días continuados de verquidos contaminantes a un canle fluvial ¿serán ou non serán delito? estes feitos demostran unha vez máis a situación terceiromundista na que se atopa o sistema de depuración de augas urbanas e industriais dos concellos e polígonos industriais que verquen as súas augas ao Barbaña. ¿Que imaxe se da? dunha cidade e dunha provincia que trata de potenciarse como Cidade Termal e provincia balnearia, a triste realidade é que non coidamos precisamente o recurso "auga" da forma axeitada. Recentemente a Unión Europea publicou un informe no que reflectía que: "había instalacións construídas para o 96% da carga contaminante que soportan os ecosistemas acuáticos da U.E.", tendo en consideración a situación que soportan a cotío os ecosistemas fluviais da cidade e provincia de Ourense evidenciase que nós estamos nese 4% dos incumpridores.

A contaminación continuada que soporta o Barbaña son de aplicación os seguintes fundamentos de dereito: Os obxectivos ambientais do Plan Nacional da Calidade das Augas que ten como finalidade cumprir a Directiva Marco da Auga, o Decreto 174/1994, sobre control de verquidos para a protección do dominio público hidráulico e a Lei de Augas, aprobada por RD Lexislativo 1/2001, de 20 de xullo. Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. A Plataforma Rios Limpos diante da situación creada vai a presentar de novo denuncias diante dos organismos competentes, e unha serie de medidas que consideramos imprescindibles para rematar cós verquidos e coa impunidade coa que actúan os agresores do dominio público hidráulico. Actuacións que comunicaremos proximamente aos medios de comunicación e ao conxunto da sociedade.

 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad