|
noticiasgalicia.- O portavoz
do Partido Popular en Castrelo do Val, Manuel Pérez, denunciou hoxe
que este concello "é o de maior déficit democrático da provincia
de Ourense". Así o afirmou nunha comparecencia ante os medios
de comunicación, acompañado polo secretario provincial do PP, Rosendo
Fernández, onde afirmou que Castrelo do Val, onde segue sendo concelleiro
Raúl Fernández líder provincial socialista-, "é un exemplo do
que non debe ser a xestión municipal".
O Concello onde foi alcalde Raúl Fernández -cómplice tamén da xestión
actual como concelleiro do grupo goberno-, "constitúe un modelo
de prácticas políticas a desterrar", dixo Manuel Pérez, quen denunciou
as numersoas irregularidades detectadas como: a falta de transparencia
na xestión municipal; a ocultación de datos á oposición; a falta de
resposta ás solicitudes de información; as ameazas de agresión que
recibiu por parte dun traballador municipal xa denunciadas ante a
Garda Civil-; as irregularidades no uso dos bens do Concello; a presunta
comisión de delitos electorais (o propio Raúl Fernández está censado
nunha casa dun particular que non é nin da súa familia); a utilización
do Concello como sede socialista -mentres lle negan ao grupo Popular
algún local propio-, e a contratación partidista de persoal dúas integrantes
da candidatura do PSOE entraron a traballar no ente local-.
Todo isto constitúe "unha colección de atrocidades administrativas
que fan que sexa moi difícil facer oposición nun concello onde a saúde
democrática vela pola súa ausencia", en opinión de Manuel Pérez.
O PP de Ourense pregúntase cómo Raúl Fernández pode saír de cando en
vez a lanzar "soflamas de democracia, liberdade e progreso",
canso o seu caso particular, e o do concello onde foi alcalde e é concelleiro,
eríxese nun caso flagrante de noxento ambiente antidemócrata, no peor
estilo das repúblicas bananeiras.
|