|
noticiasgalicia.- O BNG de
Barbadás solicitou ao Concello de Barbadás que retire o camión accidentado
na parroquia de Loiro o día 5 de xaneiro deste ano e que aínda está
no lugar do accidente. Este camión, como se pode observar nas fotografías
adxuntas, invade totalmente a beirarrúa esquerda da travesía de Loiro
impedindo o paso de persoas pola mesma, o que obriga a cruzar ou a
invadir o carril de circulación. Ademais o camión invade o carril de
circulación sentido a Ourense, nun lugar que a pesar de estar limitada
a velocidade, é un lugar de moita sinistralidade como demostran os
accidentes ocorridos nesta zona nos últimos anos.
Aos problemas habituais desta travesía aínda hai que engadir os derivados
do inverno, que provoca que haxa néboas intensas e xeadas que dificultan
a circulación e reducen a seguridade na zona. Para o BNG de Barbadás
os responsabeis do concello deberían ter actuado para mellorar a seguridade
en Loiro, e máis neste caso, un vehículo de grandes dimensións invadindo
a calzada e aumentando a inseguridade e riscos para peóns e automóbiles.
Os concelleiros do BNG solicitan, asemade, que se apuntale a casa afectada
no accidente para garantir a seguridade de persoas e bens.
|